Castro de Rañobre
| Castro de Rañobre | |
|---|---|
| Oseiro | |
|
Instancia de
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Escavación
non escavado | |
| Dimensións | |
| Superficie | 4 |
| Localización | |
|
Situado en
| |
| Patrimonio cultural | |
| Id. catálogo | GA15005005 |
| Wikidata | |
O Castro de Rañobre é un castro situado en Oseiro (Arteixo). Ten forma elíptica coas defensas moi suavizadas polos labores agrícolas. Só están visibles o terraplén, un foxo e un parapeto[1].
Polo castro pasa unha estrada, hai varias vivendas e é empregado como zona agrícola.
Descrición
[editar | editar a fonte]
O castro mide uns 350 metros de SW-NE e uns 250 metros de NW-SE. A parte alta do castro está mellor conservada véndose parte das defensas. No lado máis baixo do castro as labouras agrícolas desfixeron esa parte. O castro ten internamente socalcos a varios niveis polos desniveis do chan e por traballos agrícolas. Dentro do castro hai varias vivendas, unha empresa e pasa unha estrada. O castro está aproveitado para leiras e horta. Pódense ver as pedras nos lindes e como marcos.
O castro está catalogado e ten unha área de protección delimitada.
Tumbas do castro
[editar | editar a fonte]En abril do 2009 durante as obras do porto exterior da Coruña nos límites do peche exterior que delimita o terreo expropiado atopáronse varias tumbas do castro de Rañobre a máis de 200 metros do castro[2][3].
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |

