Castro de Burela
Castro de Burela | |
---|---|
Parroquia | Burela |
Concello | Burela |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA27902001 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | séculos III e o II a. C. (Torque) |
Data da descuberta | ? |
Períodos de escavación | non |
Estado actual | Non escavado, Sen acceso ó público, matogueira |
Extensión estimada | aprox 2,32 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O Castro de Burela é un antigo castro que se atopa no concello de Burela, na provincia de Lugo. É confundido frecuentemente co Chao do Castro e son famosos por neles atoparse o torque de Burela[1][2], entre outros instrumentos como arracadas e puntas de frechas[3][4][5].
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Está asentado sobre un terreo elevado á beira do mar Cantábrico, preto do cabo Burela. O seu acceso a terra está delimitado por uns muros definidos, aínda que bastante colmados por terra, e unha rampla de acceso aínda visible. Obsérvase a muralla da croa e outros murados. Dende o paseo marítimo de Burela pódese observar perfectamente, posto que a estrada pasa xusto ao seu carón.
Pódense distinguir varios grupos de estruturas a simple vista, como son: a croa e os seus muros, a rampla de acceso ó castro, os muros de división internos e os muros defensivos asociados a foxos. Aínda que esta análise e moi intuitiva, é unha ferramenta útil para entender a morfoloxía e posible extensión do castro.
Preto atópase o Chao do Castro, outro asentamento castrexo que está moi alterado pola construción de vivendas. Confundidos habitualmente un co outro son claramente diferentes tanto en estrutura como posiblemente en función. Ámbolos dous están perfectamente catalogados no inventario municipal e no rexistro da Xunta de Galicia[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Torques de Burela". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2018. Consultado o 16 de maio de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Burela" (PDF). SIOTUGA. Consultado o 03/02/2023.
- ↑ Comendador Rey, B. (1998). "Los inicios de la metalurgia en el noroeste de la Península Ibérica". Brigantium (11).
- ↑ Castro Pérez, L. (1990). Os torques prehistóricos. Serie Galicia. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. p. 165. ISBN 84-7191-695-9.
- ↑ Crespo Prieto, R. (2000). "El torques de Burela". Estudios Mindonienses (16): 545-558. ISSN 0213-4357.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castro de Burela |
A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web do concello de BurelaArquivado 04 de maio de 2010 en Wayback Machine.
- Web da Xunta de Galicia sobre o Torque