Saltar ao contido

Castro das Travesas

Castro das Travesas
Carral Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Patrimonio Galego: 18984
Wikidata

O castro das Travesas ou Eira dos Mouros é un poboado castrexo situado no concello de Carral. Segundo as escavacións feitas en 2006, as primeiras ocupacións datan dos séculos IV-III antes da era actual[1].

Descricións

[editar | editar a fonte]

O castro ten unha planta circular que despois das limpezas feitas en 2006 e os estudos que se fan dende entón fixan unha extensión dunhas 6 hectáreas polo que está considerado como o castro máis extenso da provincia da Coruña[2]. Preto do castro atopáronse indicios que confirman o paso dun ramal da vía romana XX do Itinerario de Antonino, coñecida como per loca maritima.[3][4]

Escavación

[editar | editar a fonte]

No interior da croa en 2006 documentáronse estruturas de postes de madeira fincados na rocha e asegurados con chanzos, entrenzados de pallabarro e cubertas vexetais. A construción é autóctona.

  1. "Castros da provincia da Coruña, no blog O Noso Patrimonio.
  2. Castro das Travesas, na web Celtiberia.net (en castelán).
  3. "Os arqueólogos achan indicios da terceira vía romana de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xullo de 2010.
  4. "Abegondo-Hallan en Vizoño restos de una vía romana paralela al Camino de Santiago". El Ideal gallego (en castelán). Consultado o 2020-02-01.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]