Saltar ao contido

Castelón de Castañoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelón de Castañoso
ParroquiaMaderne
ConcelloA Fonsagrada
ProvinciaLugo
Comunidade autónomaGaliza
Id. catálogoGA27018280
Cronoloxía
Datas de ocupaciónS. I actual
Períodos de escavaciónescavado parcialmente
Estado actualen estudo
Véxase tamén
Castros de Galiza

Castelón de Castañoso é un castro fortificado no cumio dun esporón de difícil acceso formado polo regueiro do Val de Barreiro e o río Covas na Fonsagrada. Dispoñía de profundos foxos que o facían case inexpugnable e só accesible a pé. Está situado a uns 500 metros de altitude sobre o nivel do mar.

Dende os anos 1980 falábase da existencia de restos de paredes abovedadas no castro de Castañoso. A información apareceu publicada nunha guía turística da Fonsagrada citando como fonte informacións locais.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]
Pedra Formosa da sauna de Castañoso.

O castro non foi escavado e só se estudou unha pequena parte na que apareceu unha sauna castrexa nun souto de difícil acceso coñecido por Campo do Castro, sendo un dos poucos exemplos desta construción no actual territorio galego. A pedra formosa atopouse fracturada e a construción, cunha gran falsa bóveda, corría perigo de derrubamento. No verán de 2015 comezaron os traballos de restauración da sauna polo Museo da Fonsagrada por mor do seu perigo de derrubamento. A construción consta dunha cámara de combustión (forno), unha sala de vapores e unha vivenda compartimentada, máis alta e complexa do habitual. Unha canle traballada na pedra e por unha ponte de madeira achegaba a auga a unha pía[2]. Ademais da pedra formosa atopáronse unha fíbula de bronce e cerámica. Crese que estas construcións, de orixe prerromana, eran de uso ritual e non lúdico ou hixiénico[3].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]