Saltar ao contido

Carlos Sobrino Buhigas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 16 de abril de 2018 ás 16:28 por Elisardojm (conversa | contribucións) (foi)

Modelo:Artista Carlos Sobrino Buhigas, (de nome artístico Carlos Sobrino) nado en Pontevedra o 18 de marzo de 1885 e finado en Vigo o 4 de decembro de 1978, foi un pintor galego, irmán do naturalista e arqueólogo Ramón Sobrino Buhigas.

Traxectoria

Alameda (Pontevedra)

Fillo de Luís Sobrino Rivas, dunha familia acomodada, de longa tradición artística na que destacou o pintor Enrique Campo do que era curmán.

De novo quixo estudar na Academia de San Fernando de Madrid. Por decisións familiares estudou Comercio. Oposita a cátedras de Debuxo e Caligrafía desta modalidade e obtén o número un. Comparte a carreira con estudos de Belas Artes, baixo a dirección do pintor Alejandro Ferrant y Fischermans.

Exposición no Palacio de María Pita, en 1917. De esq. a der., de pé: Tella, Abelenda, Barreiro, Sobrino, Palacios, Seijo, Sotomayor, Lloréns, Castelao, Concheiro, Francés, Madariaga (co chapeu nas mans), González del Villar e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, a Pardo Bazán e Picadillo.

Participa nas Exposicións Nacionais de Belas Artes, recoñecido con mencións honoríficas en 1908 e 1910. Na de 1915 consegue a terceira medalla co seu cadro «Cristo de Casal Dourado», actualmente en Buenos Aires. Un ano máis tarde outórganlle a segunda medalla na Exposición Universal de Panamá pola súa paisaxe «Calle de ciudad gallega», que é característico da súa pintura. Fixo importantes exposicións no Salón Iturrioz de Madrid (1913) e no estudio fotográfico de Sáez-Mon en Pontevedra (1917)[1].

Realiza ilustracións en xornais, revistas, libros e carteis. Viaxeiro por Galicia gusta da pedra traballada e de pintar recunchos: rúas, cruceiros, hórreos ou casas vellas. O pobo mariñeiro de Combarro é descrito nos seus traballos de arquitectura popular galega.

Obra

Na Alameda de Pontevedra deixou vinte e tres azulexos con distintas paisaxes e escenas, rurais e urbanas, pintadas en 1927 e fabricados pola empresa sevillana "Mensaque Rodríguez y la compañía de Triana". Estes mosaicos foron restaurados completamente na reforma que se fixo no contorno do parque en 2010.

"Los azulejos de la Alameda constituyen la representación perenne -y solemne- de su obra, y gracias a la preciosa cerámica vidriada de sus azulejos, la calidad traslúcida de sus colores, pasados primero a material original, y después traspuestos al azulejo, que ostenta en sí mismo una amplia tradición decorativa.
Núñez Sobrino

Galería de imaxes

Notas

  1. "O pintor da romaría de Darbo" (PDF). Consultado o 27 de agosto de 2013. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Barreiro, Alejandro: Del arte gallego. A Coruña, 1917.
  • Couselo Bouzas, José: La pintura gallega. A Coruña, Porto, 1950.
  • Gaya Nuño, J. A.: La pintura española del siglo XX. Madrid, Ibérico Europea de Edic. 1970.
  • Diccionario de pintores españoles contemporáneos. Madrid, Edic. Estiarte, 1972.
  • Sanchez Cantón, F. J.: La exposición Carlos Sobrino 1917. En «Santander y los pontevedreses», 1973.
  • Chamoso Lamas, Manuel: «Arte», en Galicia. Barcelona, Edit. Noguer. 1976.
  • Pantorba, Bernardino de: Historia y crítica de las Exposiciones Nacionales de Bellas Artes. Madrid 1980.
  • Filgueira Valverde, José: La pintura gallega, en Galicia eterna. Vol. VI. Barcelona, 1981.
  • Pablos, Francisco: Pintores gallegos del Novecientos. A Coruña, Fundación Barrié del la Maza, 1981.
  • Colmeiro, Ilarri, Pablos, Pousa e Quesada; Plástica Gallega, páxinas 304-305, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981, ISBN 84-7231-603-3.
  • Pablos, Franciso; A pintura en Galicia | La pintura en Galicia (edición bilingüe), páxinas 67-69, ed. Nigra Trea, 2003, ISBN 84-95364-15-8.
  • VV. AA.: Un siglo de pintura gallega 1880/1980. Buenos Aires, Museo Nacional de Bellas Artes, 1984.
  • Arte gallego en Caixa Galicia. A Coruña, Fundación Caixa Galicia, 1992.
  • Núñez Sobrino, Ángel: "Carlos Sobrino (1885-1978), el riguroso mundo de la anotación", en Anuario Brigantino 2005, nº 28.
  • Travieso Mougán, Javier, artigo "Sobrino Buhigas, Carlos" da Gran Enciclopedia Galega.

Ligazóns externas