Manuel Bujados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Bujados
Nacemento12 de xaneiro de 1889
Lugar de nacementoViveiro
Falecemento21 de xuño de 1954
Lugar de falecementoBell Ville
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor, debuxante e ilustrador
editar datos en Wikidata ]

Arcadio Manuel Bujados Fernández, nado en Viveiro o 12 de xaneiro de 1889 e finado en Bell Ville, Provincia de Córdoba, Arxentina, o 21 de xuño de 1954, foi un pintor e debuxante galego marcado polo simbolismo francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou en ilustración de libros, e algunhas cubertas para El año artístico (1915-22) e colaborou nas revistas La Esfera, Blanco y Negro, Nuevo Mundo, Tribuna, Arte Musical[1] ou a sevillana Bética. Ilustrou portadas de libros, de autores como José Francés, Concha Espina ou Manuel Machado.

Tamén colaborou en Céltiga e participou nas exposicións de artistas galegos, aínda que viviu entre Madrid, París e a Arxentina. Sábese da súa amizade con Máximo Ramos, Francisco Asorey, Federico Ribas, Amando Suárez Couto e o pintor Juan Luis.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Arte Musical, Ano IV, núm. 77, Madrid, 1918, portada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]