Pablo Mosquera Mata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pablo Alejandro Mosquera Mata

Deputado no Parlamento Vasco
por Álava
22 de marzo de 1984 – 23 de outubro de 2001

Secretario General de Unidad Alavesa
1990 – 2002

Datos persoais
Nacemento 29 de xuño de 1947 (73 anos)
Lugo) Galicia Galicia
Partido Alianza Popular e Unidad Alavesa
Alcume Bígaro
Profesión Médico, político e escritor
Alma máter Universidade Complutense

Pablo Alejandro Mosquera Mata, nado en Lugo o 29 de xuño de 1947,[1], é un médico de familia e especialista en Medicina do Traballo[2], político e escritor galego, máis coñecido como Bígaro. Alumno de Francisco Rivera Casás[1], e logo Licenciado en Medicina pola Universidade Complutense de Madrid, foi cofundador en 1989 de partido Unidad Alavesa, co obxectivo da creación dunha comunidade autónoma foral para a provincia de Áraba, de xeito semellante a Navarra. Activista cultural, ten escrito unha decena de libros e moitos artigos, que se suman ós publicados sobre temas médicos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ós sete anos entrou na escola de Rivera Casás en S. Cibrao, e logo estudou o bacharel no instituto en Lugo (actual IES Lucus Augusti) e Santiago (Xelmírez)[1]. Titulado na Universidade Complutense de Madrid no 1972[1], especializouse en Medicina Interna e Medicina do Traballo na Universidade de Barcelona. Obtivo en 1975 praza de Inspector Médico no Instituto Nacional de Previsión (INP). Foi destinado ó hospital Vall d'Hebrón de Barcelona. No 1976 participou na creación do hospital de Txagorritxu, en Vitoria. Na súa carreira profesional especializouse na dirección de hospitais, riscos laborais e saúde laboral[3].

Segundo a súa propia idea[4], a política entremeteuse na súa vida de médico: afiliado a Alianza Popular, obtivo un escano no Parlamento Vasco (22/03/1984 - 01/10/1986, II lexislatura, e 21/11/1989 - 06/02/1990, III lexislatura) . Coa constitución de Unidad Alavesa en 1989, ocupou escano por este partido na III lexislatura da cámara (06/02/1990 - 03/09/1990), V (30/11/1994 - 01/09/1998), VI (25/11/1998 - 20/03/2001) e VII (12.06.2001 - 23/10/2001)[5], sendo candidato a Lehendakari[6]. No 1999, por un acordo co Partido Popular, asume o cargo de Deputado de Xuventude e Deporte da Deputación Foral de Áraba. Asemade, foi parlamentario foral en tres lexislaturas, e membro da mesa de Ajuria Enea durante dez anos[2]. No 2002, decide deixar Vitoria e dimitir das súas responsabilidades políticas, para dirixir a xestión do hospital de Burela[7]. Comeza entón a colaborar en medios galegos, tanto con artigos como en tertulias[2], e a destacarse como activista cultural no que considera "provincia de Mondoñedo"[8].

Profesionalmente, amais de ter sido director e xerente de hospitais en Barcelona, Vitoria, Burgos, Tenerife, Xirona, Burela e Xarrio[9] (Asturias), ten realizado máis de 150 publicacións en materia de Saúde Publica[5].

Membro de diversas asociacións culturais e deportivas, despois do seu retiro prosegue con ditas actividades, tanto de activista pola súa pertenza a asociacións como Os Aventados, da que foi fundador, como de escritor ou articulista. Asemade, ten pregoado nas festas patronais de San Cibrao, Cervo, Santa María de Rúa e outros lugares[1].

Obra[editar | editar a fonte]

Presentación do libro Senderos para el viajero de Pablo Mosquera (á dereita) en Ribadeo.

Libros[editar | editar a fonte]

  • Entre la mar y el viento
  • Caminando entre faros
  • Entre líneas (2005)
  • Historias de nunca jamás (2010)
  • Recunchos do porto
  • Entre hospitales
  • Senderos para el viajero (2010)
  • A Maruxaina e outras sereas (con Paco Rivas e Otero Regal, 2016)
  • Islas San Cyprianus: orgullo y patrimonio (2018)

Artigos de opinión[editar | editar a fonte]

Ten publicado ó longo dos anos en diversos medios, dende "La Tribuna del País Vasco" a "La Voz de Galicia", "El Progreso", "El Heraldo de Viveiro", "Galicia Dixital',''Crónica 3" ou "Ribadeando".

Radio[editar | editar a fonte]

Tertuliano en Radio Voz[1]

Artigos sobre saúde pública[10][editar | editar a fonte]

  • Problemas y soluciones para el fenómeno demográfico integrado e integral del envejecimiento poblacional.
  • Problemas y soluciones para los problemas de toda índole en el consumo y muy en especial de las nuevas adicciones. Juego, Máquinas, Compras, Consolas, Telefonía móvil, Internet...
  • Problemas y soluciones a las patologías de la práctica deportiva como actividad conocida como vigorexia.
  • Problemas y soluciones relacionados con toda suerte de siniestros y accidentes.
  • Problemas y soluciones relacionados con la llegada de nuevas y viejas enfermedades infectocontagiosos, relacionadas con los movimientos migratorios.
  • Problemas y soluciones relacionadas con las denominadas drogadicciones, desde tabaco y alcohol, hasta otro tipo de sustancias naturales o de diseño.
  • Problemas y soluciones relacionadas con la contaminación y sus efectos en la salud individual y colectiva.
  • La pobreza como problema socio sanitario.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Lucense do ano (2002)[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mosquera Mata, Pablo A. (2018). Islas San Cyprianus: orgullo y patrimonio. Concello de Cervo. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "La Voz de Galicia. Firmas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-11-05. 
  3. "Mosquera Mata, Pablo Alejandro - Auñamendi Eusko Entziklopedia". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus (en inglés). Consultado o 2018-11-06. 
  4. Pablo Mosquera, La Tribuna del País Vasco Pablo (12 de xuño de 2016). "Pablo Mosquera: Vitoria, 1976". La Tribuna del País Vasco (en castelán). Consultado o 2018-11-04. Yo siempre fui un médico que, coyunturalmente, accedí a la política 
  5. 5,0 5,1 "Parlamento Vasco-Parlamentarios y Órganos - Fichas personales". www.legebiltzarra.eus (en castelán). Consultado o 2018-11-04. 
  6. "EL MUNDO | Pais Vasco | Elecciones autonómicas: Pablo Mosquera". www.elmundo.es. Consultado o 2018-11-04. 
  7. "PABLO MOSQUERA NUEVO DIRECTOR DEL HOSPITAL DE BURELA (LUGO)". EFE Data (en castelán). Consultado o 2018-11-06. 
  8. Agremon (20180924). "Ribadeando: Generación para cambiar el mundo desde nuestro mundo. Pablo Mosquera". Ribadeando. Consultado o 2018-11-05. 
  9. "El Hospital de Jarrio completa su equipo con el nombramiento del nuevo director médico". El Comercio (en castelán). 2008-06-13. Consultado o 2018-11-06. 
  10. Comunicación por correo electrónico polo mesmo autor (05/11/2018).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]