Xaime Trebolle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXaime Trebolle
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Xaime Trebolle Fernández, nado en Ourense en 1946, é un político e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia de militares, licenciouse en dereito. Profesionalmente, Trebolle foi inicialmente inspector de Facenda. Residente en Madrid foi director xeral de coordinación coas facendas territoriais do Ministerio de Economía de España durante a transición española, xa con gobernos da UCD (1981). Participou nas negociacións das transferencias ás comunidades autónomas, e formou parte dun equipo de expertos encabezado por Eduardo García de Enterría que redactou os informes que deron orixe ao acordo entre centristas e socialistas sobre financiamento autonómico en 1981. Continuou no cargo durante o primeiro goberno de Felipe González, ata 1984.

O presidente da Generalitat catalá, Jordi Pujol, ofreceulle a consellería de Economía, pero rexeitouna, o mesmo que fixo co ofrecemento do primeiro presidente da Comunidade de Madrid, Joaquín Leguina, de facerse cargo da respectiva carteira en 1983[1]. Posteriormente si aceptou a conselleiro de Economía na Xunta de Galicia, en 1985, baixo o liderado de Xerardo Fernández Albor[2]. Logo da moción de censura que apartou a Albor da presidencia da Xunta, Trebolle deixou a política. En 1986 fora nomeado vogal do tribunal económico administrativo central, posto do que cesou en 1989.

Na empresa pública foi conselleiro do desaparecido Banco Exterior de España e na privada presidente do consello de administración de Bacardi-Martini España. En setembro de 2011 foi designado conselleiro independente no consello de administración de NCG Banco, cargo no que permaneceu dous anos, até que cesou por motivos persoais en maio de 2013[3].


Predecesor:
Carlos Mella
 
Conselleiro de Economía e Facenda
 
1985 - 1987
Sucesor:
Ángel Mario Carreño

Notas[editar | editar a fonte]