Luís Cordeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luís Cordeiro
Nacemento21 de setembro de 1934
Lugar de nacementoPalas de Rei
Falecemento24 de decembro de 2007
Lugar de falecementoFoz
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico e mestre
editar datos en Wikidata ]

Luís Cordeiro Rodríguez, nado en Palas de Rei o 21 de setembro de 1934 e finado en Foz o 24 de decembro de 2007, foi un político galego.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de facerse mestre na posguerra, traballou en centros escolares de San Xurxo de Lourenzá, Lugo, Monterroso e finalmente no de Santa Cilla, en Foz, onde foi director do colexio. En Foz desenvolveu boa parte da súa vida pública e privada e foi correspondente de varios xornais galegos. En 1967 foi nomeado concelleiro nesa vila polo terzo familiar. A partir de 1969 foi asesor dos teleclubes de Galicia.

Nas eleccións xerais de 1979 foi o número cinco da lista da UCD por Lugo. Nas primeiras eleccións municipais democráticas foi elixido alcalde de Foz pola UCD, pero practicamente non gobernou pois foi seguidamente elixido presidente da Deputación de Lugo, cargo que ocupou ata 1983. Participou na redacción do Estatuto dos 16 e foi conselleiro da Xunta preautonómica. En 1983 presentouse ás eleccións municipais pola lista da UCD no concello de Lugo, pero non renovou a presidencia, e quedou como vicepresidente durante a segunda lexislatura. Coa disolución da UCD, participou na creación de Coalición Galega, e en 1985 converteuse en deputado no Parlamento de Galicia e no seu vicepresidente primeiro. Tras a ruptura de Coalición Galega seguiu o sector de Pablo González Mariñas e integrouse no Partido Nacionalista Galego; porén, ao pouco tempo marchou canda Carlos Mella para o grupo mixto.

Xa cos gobernos do Partido Popular foi xerente do IGAEM entre 1992 e 1994 e director do gabinete técnico do Parlamento entre 1994 e 1998.


Predecesor:
Francisco Martínez García
 
Alcalde de Foz
 
1979
Sucesor:
Raúl Campos Martínez
Predecesor:
Eduardo García Rodríguez
 
Presidente da deputación de Lugo
 
1979 - 1983
Sucesor:
Francisco Cacharro Pardo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fallece el político lucense Luis Cordeiro". La Voz de Galicia. 24 de diciembre de 2007. Consultado o 3 de novembro de 2015. 
  2. galegos.galiciadigital.com (ed.). "Luis Cordeiro Rodríguez". Consultado o 3 de novembro de 2015. 
  3. galiciapolitica-vidaseobras.com (ed.). "Luis Cordeiro Rodríguez". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 3 de novembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]