Carlos Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos Castro
Nacemento24 de maio de 1961
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmúsico
editar datos en Wikidata ]

Carlos Castro Roig, nado na Coruña o 24 de maio de 1961, é un músico galego especializado en instrumentos de percusión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou os estudos de percusión na súa cidade natal con Fernando Santos, rematando no Real Conservatorio Superior de Madrid cos profesores Martín Porrás, Enrique Llácer, Joan Iborra e Javier Benet. Vinculado co ensino en Vigo dende o ano 1986, é profesor de percusión do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Colaborou no mundo da música sinfónica coa ONE, RTVE, Xove Orquestra de Galicia, Orquestra de Cámara de Pontevedra, O. Clásica de Vigo, Banda do Rosal, Coro do Liceo de Vilagarcía; tamén co Grupo de percusión de Madrid, Grupo de metais Santa Cecilia, con Marcos Valcárcel G., Tomás Camacho e co dúo Arabel Moráguez/Rasa Jakutite.

Como percusionista e vibrafonista dentro do jazz colaborou, entre outros, con Madera Jazz, Big Band del foro, Filloa Express, Baio Ensemble, María João, Baldo Martínez Gran Ensemble, Fernando Llorca Atlantic band, Big Band do festival Imaxinasons de Vigo, orquestra Omega (improvisación libre), Orquestra de Jazz de Galicia e a Orquestra Metamovida, de improvisación libre.

Na música folk forma parte do grupo Fía na Roca, pero tamén colaborou con Cumbre (gañadores do concurso Gente Joven), DOA, Emilio Cao, Uxía Senlle, Mercedes Peón, Urbano Cabrera, Fuxan os ventos, A Quenlla, Na Lúa, Cristina Pato, Susana Seivane, Rodrigo Romaní, Xosé Manuel Budiño, Cuchús Pimentel, Emilio Rúa, Óscar Ibáñez, Banda Crebinsky, Vai trío etc.

Tamén coa Orquestra da TVG (hoxe "Son da Televisión"), Meteoro, Ana Kiro, Claudina e Alberto Gambino, Suburbano, Rocío Dúrcal, Siniestro Total, Nacho Cano e co produtor e percusionista Tino di Geraldo para Miguel Campello (Elbicho).

Participou na banda sonora da película O camiño das estrelas de Chano Piñeiro, así como nas producións do Centro Dramático Galego Almas Perdidas, Yerma e A costa dos afogados, na música do espectáculo "Bicharada" da compañía Berrobambán, "Nuncabunga" (premio María Casares 2013), "Aurora" e "Danza da choiva" (premio María Casares 2017) da compañía Elefante Elegante, e na do longametraxe Crebinsky de Enrique Otero.

Pertence ao grupo de música antiga Martín Códax, Resonet e Meendinho (dúo con Paulina Ceremuzinska), participa nas sesions HALO con Castromilf, Comando Radar e con SPIL (seminario permanente de improvisación libre).

Publicacións[editar | editar a fonte]

Froito da súa traxectoria, ten participado en más de setenta gravacións.

Ten publicado, xunto coa pianista Sol Bordas, "O centro integrado de música", editado polo Relatorio de Música do Consello da Cultura Galega. Tamén o libro "Catro cancións para instrumentos de láminas" publicado por Mayeusis, "Caldeirada para 6" publicado por Periferiamusic, o método de iniciación "Esto é percusión!" da editorial Dos acordes[1] (catro libros para alumnos e outro para o profesor), tamén "Maruxiña" e "Pasodobre de Eirís" para cuarteto de percusión e "Nas Ondas" e "Carballesa" para dúo de percusión, todos con Dos Acordes.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]