Saltar ao contido

DOA (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
DOA
 Instancia de
 Composto por
Características
 Xénero artístico
Datas
 Fundación / creación
1978 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Wikidata

DOA é un grupo musical galego de música popular, medieval e moderna.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doa xorde na Coruña en 1978, formado inicialmente por Bernardo Martínez (frauta), Xoan Piñón (guitarra) e Enrique F. Ferreira (violonchelo), comeza acompañando a Xosé Quintas Canella; o seu estilo ten como base a música popular e medieval galegas, incluíndo de cando en vez, composicións propias.

Coa incorporación de Miro Casabella (voz, zanfona, cítola), Xaquín Blanco (gaitas, bombarda, frautas) e Pedro Puértolas (violín), queda configurada a formación que rexistraría a primeira gravación.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • O son da estrela escura (1979) (editorial Ruada)
  • Polaridade (1984) (Sociedad Fonográfica Asturiana)
  • Perfiles (1986) (Sociedad Fonográfica Asturiana)
  • Arboretum (2002) (DOA, Xingra)
  • A fronda dos cervos (2006) (DOA, Mare Produccións)
  • A fronda dos cervos (2011) (DOA, FOL MUSICA) Mellor Disco 2011 nos XI Premios Opinión de Música Folk

O grupo caracterízase por un dinamismo permanente nas súas diversas formacións e pola colaboración de numerosos músicos:

Membros fundadores Membros de gravacións e directos Colaboradores de gravación
Bernardo Martínez (Frauta, percusión, teclados e arranxos) Miro Casabella (voz, zanfona, cítola, arranxos)

Xosé Quintas Canella (Voz, zanfona, percusión)

Víctor Manuel (voz e produción).
Xoán Piñón (guitarra, laúde, mandolina, arranxos) Xaquín Blanco (gaita, bombarda, frautas, percusión, arranxos) Julio Blasco (contrabaixo)
Enrique F. Ferreira (violonchelo) Pedro Puértolas (violín) Amancio Prada (voz)
Michel Canadá (violín) Javier Cedrón (violín)
Francisco Luengo (gaita, sitar, viola de gamba) Roberto Grandal (acordeón)
Luciano Pérez (gaita, organistro) Javier Ferreiro (percusión)
Carlos Castro (teclados, percusión, vibráfono, arranxos) Alfonso Morán (contrabaixo)
Manuel Mosquera (frauta) Leilía (voces)
Pepe Bordallo (baixo eléctrico) Isabel Sanjuán (violín)
Baldo Martínez (baixo eléctrico)
Xavier Jurado (frauta)
Rubén Pérez (guitarra)
Manuel Varela (teclados)
Nora McEvoy (violín)
Óscar Fernández (zanfona, arranxos)
Rosa Cedrón (voz, violonchelo)
Toni D´Arco (guitarra)
Susana de Lorenzo (voz)
Gertraud Brilmayer (violín, voz)
Martín Marticorena (zanfona)
Fran Castro (teclados)
Eduardo Coma (violín)
Rebeca Maseda (violín, voz)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Estévez, Xoán Manuel e Losada, Óscar. Editorial Tristram, ed. Crónica do folk galego.