Claudina e Alberto Gambino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Claudina e Alberto Gambino
OrixeArxentina
Períodoanos setenta
Xénero(s)canción protesta
MembrosEster Lidia Gastaldi
Alberto Gambino

Claudina e Alberto Gambino foron un dúo arxentino de canción protesta, que triunfaron principalmente en España durante a década de 1970.[1]

O dúo coñeceuse cando Claudina, nome artístico de Ester Lidia Gastaldi,[2] e nada en Santa Fe, buscou un guitarrista que lle acompañase nos seus recitais e recomendáronlle a Alberto Gambino, nado en Córdoba, cidade á que se trasladou Claudina para realizar estudos de Filosofía e Letras. Alberto estudaba Arquitectura á vez que asistía a clases no conservatorio da cidade.

Comezaron a súa carreira conxunta despois de trasladarse a Buenos Aires, onde deron os seus primeiros concertos no café La Fusa, no que interpretaban cancións do folclore popular xunto con composicións propias e doutros artistas do momento. Á vez que continuaban tocando por distintos locais, comezaron un labor de recollida de canción popular que deron lugar a dous discos gravados xunto a María Escudero. Tamén durante os seus anos na Arxentina comezaron o seu traballo de tradución e recompilación das cancións de Georges Brassens, coa colaboración de Julio Ardiles Gray, que deu como resultado a gravación de dous discos e foi a base do posteriormente editado en España.

Despois dunha xira por distintos países, a parella exiliouse en España no 1974, onde comezaron actuando na sala Candombe, local coñecido naquel momento como divulgador da canción suramericana popular e de protesta. Tamén actuaron na mítica sala La Mandrágora de Madrid.[3] Nese mesmo ano gravaron o seu primeiro LP en España, Aquí donde nos ven, da man do produtor Alain Milhaud, con cancións de Violeta Parra, Víctor Jara e Silvio Rodríguez, entre outros.

En leste mesmo estilo, gravaron en 1975 o seu segundo LP Canciones de amor armado, no que ademais de versións de cantantes e poetas americanos incluían dous temas propios. Sempre con Milhaud como produtor e despois dunha breve viaxe a Arxentina, gravaron en España Ensayos sobre Georges Brassens, baseado nos dous discos que publicaran orixinalmente no seu país natal.

Tras este traballo viñeron Quiero decir tu nombre, Libertad no 76, Llamas no 78 e o sorprendente álbum en galego Danza na Lua. Seis poemas galegos, baseado nos poemas homónimos de Federico García Lorca, xa en 1986.

Todas estas gravacións estiveron compaxinadas coa realización de numerosos concertos polo país, montaxe de espectáculos teatrais e colaboracións con distintas asociacións de música. A partir da década de 1990 dividiron a súa faceta musical, Claudina cara ao xénero lírico e Alberto na súa función de produtor e arreglista, aínda que en 2008 reuniron o que nunca separaran para a gravación do seu último disco Corre, poeta, corre.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Recopilaciones y composiciones folclóricas (con María Escudero)
  • Brassens en castellano (Azur Producciones Argentinas, 1972)
  • Aquí donde nos ven (Zafiro, 1974)
  • Canciones de amor armado (Zafiro, 1975)
  • Ensayos sobre Georges Brassens (Zafiro, 1975)
  • Quiero decir tu nombre, libertad (Zafiro, 1976)
  • Llamas (Zafiro, 1978)
  • Lo mejor de los Gambino (Zafiro, 1983)
  • Danza na lua. Seis poemas galegos (RNE, 1986)
  • Corre, poeta, corre (Sello Autor, 2008)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Claudina y Alberto Gambino", artigo en El País, 21 de maio de 1976 (en castelán).
  2. Catálogo da Libraría do Congreso.
  3. "Madrid: La ciudad de los encuentros". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2011. Consultado o 13 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]