Crebinsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Crebinsky
Ficha técnica
Director Enrique Otero
Produtor Farruco Castromán
Miguel de Lira
Enrique Otero
Guión Miguel de Lira
Enrique Otero
Intérpretes Miguel de Lira
Sergio Zearreta
Luís Tosar
Celso Bugallo
Oliver Schultz
Patricia de Lorenzo
Farruco Castromán
Iván Marcos
Oliver Bigalke
Yolanda Muíños
Pepe Soto
Danny Raatzke
Manuel Cortés
Jorge Taboada
Óscar Pombo
Antía Baget
Música Pablo Pérez
Fotografía Sergio Franco
Montaxe J. R. Lorenzo
Enrique Otero
Estudio ZircoZine
Control Z
Chévere Visión
Estrea 8 de abril de 2011
Duración 90 minutos
Orixe Galicia Galicia
Xénero Comedia, realismo máxico, road movie
Orzamento 1 365 455 €[1]

Crebinsky é unha película galega de ficción, dirixida por Enrique Otero e estreada en abril de 2011.

Argumento[editar | editar a fonte]

A historia está ambientada na costa galega en xuño de 1944, no contexto da Segunda Guerra Mundial. Feodor e Mijail Crebinsky son dous irmáns, fillos de María Cribeiro e Vladimir Crebinsky, un piloto ruso que sofrera un accidente aéreo anos antes. Noutro accidente os nenos quedan orfos, e logo dunhas choivas torrenciais o río crece e asolaga a aldea na que viven. Levados pola corrente, os irmáns e a súa vaca Mucha aparecen na costa. Fan unha cabana non lonxe dun faro, sobrevivindo grazas ás crebas, os obxectos que deixa o mar. Os irmáns Crebinsky criáronse sós dende novos, polo que teñen unha particular relación (comunícanse cun frases simples e directas) e un peculiar modo de existencia (ao descoñeceren o uso real dos obxectos que atopan, recíclanos segundo mellor lles conveña en cada momento cun grande enxeño artesanal).

Sen sabelo, vense implicados no conflito bélico. Un piloto alemán da Luftwagen ten un accidente na praia, e un submarino estadounidense decide desembarcar alí. Soldados alemáns que traballan preto de alí, nunha mina de volframio, van xunto cun falanxista na procura do piloto accidentado, pois levaba un radiotransmisor. Os irmáns comezan unha viaxe pola zona na procura da súa vaca, e chegan a unha verbena na que actúa un grupo musical. Finalmente atopan a vaca, xunto á tumba dos seus pais. Nese momento a vaca morre, e os irmáns regresan á aldea natal.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Rodaxe[editar | editar a fonte]

Foi rodada entre o 15 de setembro e o 30 de outubro de 2008 en Espasante (Ortigueira), Portomarín, Mañón, e Santiago de Compostela.

Banda sonora[editar | editar a fonte]

A música do filme foi composta por Pablo Pérez. A banda sonora inclúe dous boleros interpretados por Patricia de Lorenzo. A música foi levada ao directo pola banda Universo Crebinsky, formada por Vadim Yukhnevich (voz e acordeón), Pablo Pérez (contrabaixo), Fernando Abreu (clarinete), Carlos Castro (vibráfono e percusión), Xacobe Lamas (violín), Miguel Queixas (batería), Pablo Rega (guitarra) e Enrique Otero (teclados).

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

No Festival de Cine Español de Málaga de 2011 recibiu dous premios: mellor guión novel e o premio Signis. Foi seleccionada no Festival Internacional de Pusan (PIFF) de 2010, en Corea do Sur.

Recibiu o Premio Agave 2011 á mellor película na segunda edición do FilmFest de Oaxaca de Juárez.

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Nos premios Mestre Mateo 2010, Crebinsky tiña 12 candidaturas, levando finalmente catro galardóns: actor protagonista (Miguel de Lira), dirección artística (Ángel Amaro e Nanda Cuíña), dirección de fotografía (Sergio Franco) e maquillaxe e peiteado (Susana Veira).

Ano Categoría Receptor Resultado
2010 Mellor filme Enrique Otero Nomeado
Mellor director Enrique Otero Nomeado
Mellor actor Miguel de Lira Gañador
Mellor guión Miguel de Lira e Enrique Otero Nomeados
Mellor dirección de produción Sergio Gil e Pilar Pérez Solano Nomeados
Mellor dirección artística Ángel Amaro e Nanda Cuíña Gañadores
Mellor montaxe J. R. Lorenzo e Enrique Otero Nomeados
Mellor música orixinal Pablo Pérez Nomeado
Mellor son Diego S. Staub e Xavier Souto Nomeado
Mellor fotografía Sergio Franco Gañador
Mellor maquillaxe e peiteado Susana Veira Gañadora
Mellor deseño de vestiario Carlos Alonso e Eva Camino Nomeados

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Ficha en Cultura Galega.org