Cantón de Xura
Cantón de Xura | |||
---|---|---|---|
République et Canton du Jura | |||
| |||
Himno: La Rauracienne | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Delémont | ||
• Poboación | 11 364 (2007) | ||
Lingua oficial | Francés | ||
Forma de goberno | Cantón | ||
Ingreso | 1979 | ||
Superficie | Posto 14º | ||
• Total | 839 km² | ||
• % auga | n/d | ||
Costas | 0 km | ||
Poboación | Posto 20º | ||
• Total | 69.555 hab. | ||
• Densidade | 83 hab./km² | ||
Fuso horario | UTC+1 | ||
• Horario de verán | UTC+2 | ||
Dominio de Internet | .ch | ||
Código ISO | CH-JU | ||
O cantón de Xura (en francés: République et Canton du Jura, en arpitano: Rèpublica et Quenton du Jura, alemán: Republik und Kanton Jura, en italiano: Repubblica e Canton Giura, en romanche: Republica e Chantun Giura) é un cantón da confederación Suíza. É o máis moderno dos cantóns suízos, sendo fundado en 1979 trala súa excisión do cantón de Berna.
Xeografía[editar | editar a fonte]
O cantón de Xura atópase situado na parte noroccidental de Suíza. O territorio consiste maioritariamente na cordilleira de Jura na parte sur, e no altiplano de Jura na parte norte, onde se atopa a rexión chamada Ajoie.
Ao norte e oeste o cantón limita coa Francia, ao este cos de cantóns de Soleura e Basilea-Campo, e ao sur cos de Berna e Neuchâtel. Os ríos Doubs e Birs bañan a rexión. O Doubs únese ao Saona para desembocar no Ródano, mentres que o Birs e tributario do Rin.
Historia[editar | editar a fonte]
Tratase do cantón suízo de fundación máis recente (1979). Separouse do cantón de Berna influído pola "brecha" lingüística, cultural e económica que existe entre ambas comunidades. No Jura fálase francés, mentres que en Berna se fala alemán.
A capital e Delémont, que ten unha poboación aproximada duns 14.000 habitantes (agosto de 2004).
O Jura é un dos poucos cantóns suízos onde a maioría da poboación está a favor da integración de Suíza na Unión Europea.
O cantón é coñecido tamén pola antiga asociación de reloxeiros anarquistas, a Federación do Xura.
Institucións[editar | editar a fonte]
O poder lexislativo esta en mans do parlamento do Jura que está formado por 60 membros (diputados) elixidos por escrutinio proporcional polos electores das tres circunscricións electorais. O parlamento é escollido cada catro anos.
O poder executivo é detentado polo Goberno do Jura, equivalente ao "Conseil d'État" (consello de estado) nos demais cantóns da Romandía (zona francófona). Está composto de 5 membros (ministros) elixidos por sufraxio maioritario.
Os ministros actuais son: Michel Probst, PLR Michel Thenz, PS Élisabeth Baume-Schneider, PS Charles Juillard, PDC Philippe Receveur, PDC
Os partídos políticos actuais son:
- Parti démocrate-chrétien jurassien (PDC) democracia cristiá 19 deputados
- Parti socialiste jurassien (PSJ) socialismo, socialdemocracia 13 deputados
- Parti libéral radical jurassien (PLRJ) dereita, liberalismo 11 deputados
- Parti chrétien-social indépendant (PCSI) socialcristianismo, esquerda cristiá 9 deputados
- Parti ouvrier et populaire jurassien (POP) comunismo, esquerda radical 3 deputados
- Union démocratique du centre (UDC) extrema dereita, conservadorismo, populismo 3 deputados
- Les Verts jurassiens ecoloxismo, esquerda 2 deputados
- Combat socialiste (CS) esquerda radical
- Parti Radical Réformiste (PRR) centrismo
- Jeunesse socialiste et progressiste jurassienne (JSPJ) socialismo
- Union démocratique fédérale (UDF) conservadorismo, evanxelismo