Delémont (en alemán Delsberg, en italiano Delemonte, en romanche Delemunt) é unha cidade e comunasuíza capital do cantón de Xura e do distrito de Delémont. Limita ao norte coa comuna de Mettembert, ao nordeste con Soyhières, ao leste con Courroux, ao sur con Courrendlin, Rossemaison e Courtételle, e ao oeste con Develier e Bourrignon.
Con máis de 11.000 habitantes Delémont é a maior cidade do cantón de Xura. O 84,3% dos seus habitantes son francófonos, mentres que o 4% e o 3,1% son de linguaitaliana e alemá respectivamente (datos de 2000). En 1970 a cidade acadou o maior número de habitantes, con 11.797, desde entón a poboación descendeu un pouco.