Campionato Portugués de Rugby 2019-2020

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campionato Portugués de Rugby
RexiónPortugal Portugal
Equipos12
OrganizadorFPR
Sitio webwww.fpr.pt/

A tempada 2019-2020 do Campionato Nacional foi a edición número 62 da máxima competición de clubs do rugby en Portugal. A pandemia por COVID-19 detivo a competición en marzo mentres se levaba a cabo a segunda fase e o campionato foi declarado nulo sen campión nin descensos.

Formato do torneo[editar | editar a fonte]

O torneo contou con 12 equipos participantes: os 8 que competiron na edición anterior (é dicir, finalmente non houbo descensos) e 4 equipos ascendidos (1º, 2º, 3º e 6º na segunda categoría). Estes 12 equipos foron: o Agronomia, o Belenenses, o Técnico, o CDUL, o Direito, o CDUP, o Cascais e o Académica da edición anterior, e o Montemor, o Benfica, o Lousã e o CRAV da segunda categoría. O CRAV ascendeu polas renuncias a ascender do Évora e do Caldas, 4º e 5º na segunda división o ano previo.

O formato de competición contaba con tres fases.

  1. Na primeira había doce equipos repartidos en tres grupos de catro. A repartición dos equipos entre os tres grupos fíxose atendendo á súa clasificación na edición anterior. En cada grupo de catro equipos se disputaron seis xornadas, e os dous mellores equipos de cada grupo pasaron a loitar polo título mentres que os dous peores equipos de cada grupo pasaron a loitar pola permanencia na segunda fase do torneo.
  2. Na segunda fase os equipos estaban separados en dous grupos de seis equipos cada un. No "Grupo A" estiveron os seis mellores equipos da primeira fase e no "Grupo B" os seis peores. En cada grupo desta segunda fase tiñan que disputarse dez xornadas.
  3. Na terceira fase os catro mellores equipos do "Grupo A" disputarían as eliminatorias polo título, que consistían en semifinais e final, todas a encontro único.

Primeira Fase[editar | editar a fonte]

A primeira fase ou fase de apuramento comezou o 11 de outubro e rematou o 1 de decembro, constando de 6 xornadas e 36 encontros (12 por grupo).

Segunda Fase[editar | editar a fonte]

A segunda fase comezou o 7 de decembro de 2019 e non puido ser completada por mor da pandemia por COVID-19.

Grupo A
Pos. Equipo Puntos X G E P
1º. SEMIFINAIS Belenenses 26 6 5 0 1
2º. SEMIFINAIS Tecnico 17 6 4 0 2
3º. SEMIFINAIS Direito 17 6 3 0 3
4º. SEMIFINAIS Agronomia 13 6 3 0 3
5º. PERMANENCIA CDUL 9 6 2 0 4
6º. PERMANENCIA Cascais 6 6 1 0 5
Grupo B
Pos. Equipo Puntos X G E P
7º. PERMANENCIA CDUP 28 7 6 0 1
8º. PERMANENCIA Académica 24 6 5 0 1
9º. PERMANENCIA Benfica 21 6 4 0 2
10º. PERMANENCIA Montemor 13 6 3 0 3
11º. PROMOCIÓN CRAV 5 7 1 0 6
12º. DESCENSO Lousã 2 6 0 0 6

Play Off[editar | editar a fonte]

A fase de eliminatorias non se levou a cabo por mor da pandemia por COVID-19 e o torneo foi declarado nulo sen campión nin descensos.

Semifinais
Equipo 1º vs Equipo 4º
Equipo 2º vs Equipo 3º
Final
Equipo A - Equipo B 2020

 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]