Campionato Portugués de Rugby 2017-2018
Aparencia
| Tipo | Campeonato Português de Rugby |
|---|---|
| Deporte | rugby a 15 |
| Organizador | Federación Portuguesa de Rugby |
| Número de participantes | 12 |
| Localización e Datas | |
| País | Portugal |
| Período | tempada 2017-2018 |
| Número de edición | 60 |
| Competición | |
| Primeiro posto | CF Os Belenenses |
A tempada 2017-2018 do Campionato Portugués de Rugby foi a 60ª edición da máxima competición nacional de clubs de rugby en Portugal, organizada pola Federación Portuguesa de Rugby.
Formato de competición
[editar | editar a fonte]Foi un ano de transición co gallo de reducir o número de equipos participantes de dez (tempada 2016-2017) a oito (tempada 2018-2019). Para iso a federación portuguesa argallou un formato de competición consistente en tres fases.
- Na primeira houbo doce equipos repartidos en tres grupos de catro. Despois de seis xornadas o dous mellores equipos de cada grupo pasaron a loitar polo título e os dous peores equipos de cada grupo pasaron a loitar pola permanencia.
- Na segunda fase os equipos estaban separados en dous grupos. Nun estaban os seis mellores e noutro os seis peores. Esta fase contou con dez xornadas.
- A terceira foi a fase final de eliminatorias polo título, na que participaron os catro mellores equipos do primeiro grupo.
Primeira Fase
[editar | editar a fonte]
|
|
|
Segunda Fase
[editar | editar a fonte]- Grupo A
- Grupo B
Play Off
[editar | editar a fonte]- Semifinais
- Belenenses 39-10 Cascais
- Agronomia 15-12 Direito
- Final
| Agronomia | 9 - 17 | Belenenses | 22 de setembro de 2018 – Campo A do Jamor, Lisboa |