A tempada 2020-2021 do Campionato Nacional é a edición número 63 da máxima competición de clubs do rugby en Portugal. O torneo comezou o 25 de setembro de 2020 e conta con 12 equipos participantes.
Na tempada 2019/2020 non foi posible rematar a competición de liga, de xeito que a FPR decidiu que o título de campión quedase vacante e que non houbesen ascensos nin descensos. Non obstante o Rugby Clube da Lousã anunciou que renunciaba á súa praza na máxima categoría, praza que a FPR lle ofreceu ó Clube de Rugby São Miguel, que aceptou.
Unha das decisións tomadas pola FPR trala súa reunión cos 12 clubs participantes na máxima categoría foi modificar a fase inicial do campionato agrupando ós equipos por rexións para evitar grandes desplazamentos e reducir o risco de contaminación vírica entre cidades. O novo formato adaptado á pandemia contou cunha primeira fase de seis xornadas na que os 12 equipos estaban distribuídos en catro grupos.
Tralo remate desta primeira fase os catro equipos que quedaron clasificados na segunda posición disputaron dous encontros eliminatorios para determinar os dous equipos que disputarían o título e os dous equipos que disputarían a permanencia:
Nas semifinais enfrontáronse 1º vs 4º e 2º vs 3º en eliminatorias a partido único no campo do equipo mellor clasificado, e os gañadores disputaron a final nun campo neutral.
O CR Arcos Valdevez perdeu a categoría como consecuencia do seu último posto na clasificación. A súa praza foi recollida polo CR Évora que gañou a final da segunda división por 19-15 fronte ó RC Santarém. Deste xeito, os dous equipos que disputaron a promoción foron o RC Montemor como penúltimo clasificado da máxima categoría e o RC Santarém como subcampión da segunda división. O encontro único foi disputado o 19 de xuño e o resultado foi: