Campionato portugués de rugby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Campionato Portugués de Rugby é a liga de rugby de Portugal. A Divisão de Honra, chamada Campeonato Super Bock por razóns de patrocinio, é a máxima categoría sénior masculina. O torneo naceu na tempada 1958/59, e na actualidade conta con 8 equipos. O club máis laureado é o CDUL, que gañou 20 títulos. O vixente campión é o Belenenses.

Historia[editar | editar a fonte]

A fundación da Federación Portuguesa de Rugby (FPR), o 23 de Setembro de 1957, e a toma de posesión dos Corpos Sociais da Federación polo seu socio fundador, a Asociación de Rugby de Lisboa (ARL), terminando deste xeito a súa actividade en Xullo de 1958, levaron a que a primeira edición do campionato portugués de rugby, chamado Campeonato de Portugal se realizase na tempada 1958-59; o campión foi o CF Os Belenenses. Nesa época, nove equipos sénior loitaran polo título, sendo catro universitarios e todos da rexión de Lisboa, coa excepción da Académica de Coimbra. Foi tamén nesa tempada na que tivo lugar a primeira edición da Copa de Portugal.

Novas categorías
Categorías Idades Ano de creación
Júniores dos 17 aos 19 anos 1963
Xuvenís dos 15 aos 16 anos 1964
Iniciados dos 13 aos 14 anos 1969
Infantís dos 11 aos 12 anos 1973
Benxamíns dos 8 aos 10 anos 1988

Nas décadas dos anos '60 e '70, viviuse un grande crecemento na práctica do rugby en Portugal; os clubs universitarios eran cada vez máis, e a implantación do rugby cara ao Norte e cara ao Sur de Lisboa foron determinantes. Despois de 1974, coa Revolución dos caraveis, á par doutras modalidades deportivas, o rugby ten un grande crecemento debido á creación de categorías inferiores, que posibilitaron a práctica deste deporte por parte dos máis xoves. En 1965, produciuse a primeira edición da Copa Ibérica que puña fronte a fronte aos campións e subcampións de Portugal e España.

Con todo, este crecemento coincidiu cun período, entre 1974 e 1979, no que os séniores deixaran de competir internacionalmente, atrasando o nivel competitivo da modalidade no país luso. A aposta nas seleccións nacionais dos máis xoves, e o contacto con equipos semellantes do estranxeiro, formaran unha vasta gama de bos xogadores, que nas décadas de 1980 e 1990 contribuísen para unha mellora da calidade do rugby portugués.

A partir de 1990 o rugby entrou nunha fase menos boa da súa evolución en Portugal; os impulsos na modalidade, nos anos 70 polo Estado, e despois, nos anos '80, polas asociacións de rugby nacionais, deixaran de ser tan abundantes. O reducido número de practicantes (eran 2008 en 1995, dos cales un terzo eran séniores) atrasou moito o desenvolvemento. A pesar das dificultades, nese ano a creación do rugby feminino e unha posible profesionalización da modalidade, veñen darlle un novo alento ao rugby portugués.

Tempada actual[editar | editar a fonte]

A tempada 2017-2018 foi de transición co gallo de reducir o número de equipos participantes de dez (tempada 2016-2017) a oito (tempada 2018-2019). Para iso a federación portuguesa argallou un formato de competición consistente en tres fases.

  1. Na primeira houbo doce equipos repartidos en tres grupos de catro. Despois de seis xornadas o dous mellores equipos de cada grupo pasaron a loitar polo título e os dous peores equipos de cada grupo pasaron a loitar pola permanencia.
  2. Na segunda fase os equipos estaban separados en dous grupos. Nun estaban os seis mellores e noutro os seis peores. Esta fase contou con dez xornadas.
  3. A terceira foi a fase final de eliminatorias polo título, na que participaron os catro mellores equipos do primeiro grupo.

Primeira Fase[editar | editar a fonte]

Segunda Fase[editar | editar a fonte]

Grupo A
Pos. Equipo Puntos X G E P P+ P- BO BD
1º. SEMIFINAIS Agronomia 36 10 7 0 3 320 143 5 3
2º. SEMIFINAIS Belenenses 35 10 8 0 2 291 165 3 0
3º. SEMIFINAIS Cascais 20 10 4 0 6 201 237 1 3
4º. SEMIFINAIS Direito 18 10 4 0 6 124 176 0 2
5º. PERMANENCIA CDUL 18 10 4 0 6 131 196 0 2
6º. PERMANENCIA Academica 13 10 3 0 7 115 265 0 1
Grupo B
Pos. Equipo Puntos X G E P P+ P- BO BD
7º. PERMANENCIA CDUP 46 10 10 0 0 395 204 6 0
8º. PROMOCIÓN Técnico 34 10 7 0 3 334 183 5 1
9º. DESCENSO Montemor 29 10 6 0 4 291 188 3 2
10º. DESCENSO Benfica 24 10 5 0 5 269 291 2 2
11º. DESCENSO Lousã 10 10 2 0 8 199 313 0 2
12º. DESCENSO Évora 2 10 0 0 10 113 411 0 2

Play Off[editar | editar a fonte]

Semifinais
Belenenses 39-10 Cascais
Agronomia 15-12 Direito
Final
Belenenses 17-9 Agronomia

Campións[editar | editar a fonte]

Títulos por club
Títulos Club Campionatos
20 Blu Marine.svg CDUL 1964, 1965, 1966, 1967, 1968, 1969, 1971, 1972, 1974, 1978
1980, 1982, 1983, 1984, 1985, 1989, 1990, 2012, 2014, 2017
11 600px horizontal stripes HEX-FF221A Black.svg Direito 1999, 2000, 2002, 2005, 2006, 2009, 2010, 2011, 2013, 2015
2016
9 Flag red HEX-FF0000.svg Benfica 1960, 1961, 1962, 1970, 1976, 1986, 1988, 1991, 2001
7 600px solid HEX-2385C6.svg Belenenses 1959, 1963, 1973, 1975, 2003, 2008, 2018
6 Flag green HEX-007500.svg Cascais 1987, 1992, 1993, 1994, 1995, 1996
4 600px Nero.svg Académica 1977, 1979, 1997, 2004
2 600px Blu e Bianco (Strisce Orizzontali).png Tecnico 1981, 1998
1 600px Verde giada e Bianco (strisce orizzontali).svg Agronomia 2007

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]