Clube de Rugby de Arcos de Valdevez
Fundación | 1981 |
---|---|
Na rede | |
http://www.crav.org/modules/news// | |
O Clube de Rugby de Arcos de Valdevez (CRAV), é un club de rugby portugués da localidade de Arcos de Valdevez, no Distrito de Viana do Castelo, Portugal. Xunto co recentemente inaugurado Estádio Municipal de Arcos de Valdevez (de herba sintética), preparado para acoller partidos de rugby e co campo de rugby de herba natural, o club posúe unhas das mellores infraestruturas de Portugal para a práctica do rugby.
O Clube de Rugby de Arcos de Valdevez é un dos mellor organizados e competitivos do Alto-Minho, e o obxectivo do club sénior e o de ser Campión Nacional da Campionato portugués de rugby I División.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado o 9 de xullo de 1981, por un grupo de xoves que se afeccionaron ao rugby nos seus períodos de estudo en Porto e Coímbra.
A mentalidade gañadora confúndese coa propia creación do equipo, pois na tempada 1982-83, o CRAV gaña o título de Campión Nacional da Terceira División.
O 1 de maio de 1986, inaugurábase o Campo Relvado da Coutada, espazo creado e cedido para a práctica exclusiva do rugby.
Na tempada 1986-87, con apenas seis anos de existencia, o CRAV ascende á Primeira División.
Logo de cato anos cos “grandes”, o CRAV descendeu de categoría para volver á máxima categoría o ano seguinte (1991-92), co título de Campión Nacional da Segunda División, e mantense, dende aquela, como un dos equipos máis regulares desta categoría.
En 2005, o equipo sénior disputa a final do Campionato fronte ao Grupo Dramático Sportivo Cascais, caendo derrotado por escasa marxe.
En 2007, o equipo sénior disputa novamente a fase final do Campionato Nacional de Primeira División e o equipo feminino disputa tamén o Campionato Nacional.
Neste ano, o club volve organizar o Torneio Internacional Arcos Sevens (con catro equipos españois e doce dos mellores equipos [[Portugal|portugueses).
Aínda en 2007, desprázanse a Quimper (Francia) unha comitiva de 70 persoas para disputar o Torneio Atlântico xunto co C.R. Ourense (Galiza), Dublín (Irlanda) e o equipo local.
En 2008 os Séniors participan novamente nas semifinais do Campionato Nacional, os Sub 18 proclámanse Campións Nacionais da Serie B e a Categoría Sub 12 conta con máis de 45 deportistas en actividade.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 1 Campionato Nacional de Terceira División: 1991-92
- 1 Campionato Nacional de Cuarta División: 1982-83