Call of Duty (serie)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CallofDutyLogo.svg

Call of Duty é unha serie de videoxogos pertencente ao xénero FPS polas súas iniciais en inglés (First Person Shooter). Orixinalmente foi unha serie propia do PC, pero despois apareceu en diversas videoconsolas de quinta e sexta xeración. Ademais destas entregas principais, desde 2003, foron postas á venda diversas entregas para consolas portátiles e móbiles. A maior parte dos xogos están ambientados durante a Segunda Guerra Mundial. Activision é o propietario da franquía e é a empresa que xestiona a creación e distribución das entregas. As versións para Mac son responsabilidade de Aspyr Media. A maioría dos xogos foron programados por Infinity Ward e Treyarch. Noutras versións colaboraron: Gray Matter Interactive, Spark Unlimited, Pi Studios, Amaze Entertainment, Rebellion Developments, e n-Space. En máis dunha ocasión, os estudos compartiron motores gráficos, como ocorre en Call of Duty 4: Modern Warfare e Call of Duty: World at War. Outras empresas adícanse á creación de xoguetes e bandas deseñadas relacionadas con Call of Duty. Cara novembro de 2009 as vendas globais ascendían a 55 millóns de unidades aproximadamente [1].

Entregas principais[editar | editar a fonte]

Call of Duty Experience no 2011.

Call of Duty[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Call of Duty

É a primeira entrega da serie, programado por Infinity Ward para Windows. Saíu á venda en outubro de 2003. Un ano máis tarde foi lanzada unha expansión, denominada Call of Duty: United Offensive, programado por Gray Matter Interactive e Pi Studios. A versión de MAC OS X foi programada por Aspyr Media. Unha versión para N-Gage foi programada por Nokia. Foron postas á venda diversas edicións, que incluíron a Edición Coleccionista, a Edición de luxo e a Game of the year (edición xogo do ano).

Call of Duty 2[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Call of Duty 2

Programado de novo por Infinity Ward, saiu ao mercado en outubro de 2005 para PC Windows. Un mes máis tarde foi lanzada unha versión para Xbox 360. En xuño de 2006 saíu a versión de Mac OS X.

Call of Duty 3[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Call of Duty 3

Call of Duty 3 foi a primeira entrega principal desenvolvida por Treyarch. Foi lanzado en novembro de 2006 para Playstation 2, Playstation 3, Xbox, Xbox 360 e Wii. Por primeira vez, unha das entregas principais non ten versión de PC.

Call of Duty 4: Modern Warfare[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Call of Duty 4: Modern Warfare

Por primeira vez, a serie abandonaba a Segunda Guerra Mundial e está ambientado na actualidade. Desenvolvido por Infinity Ward saíu a venda en novembro de 2007 para PC Windows, Playstation 3 e Xbox 360. Un ano despois, Aspyr lanzou unha versión para Mac OS X. En novembro de 2009, Treyarch lanzou unha versión para Nintendo Wii baixo o título de Call of Duty 4: Modern Warfare Reflex Edition.

Call of Duty: World at War[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Call of Duty: World at War

A serie volvía de novo á Segunda Guerra Mundial, esta vez á fronte oriental e á guerra do Pacífico. O desenvolvemento correu a cargo de Treyarch e foi posto á venda en novembro de 2008 en Estados Unidos e Europa para PC Windows, Playstation 3, Xbox 360 e Wii. Comparte motor gráfico con Modern Warfare.

Call of Duty: Modern Warfare 2[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Call of Duty: Modern Warfare 2

En novembro de 2009 foi posto á venda a secuela de Modern Warfare. Ao igual que o seu predecesor, foi programado por Infinity Ward e distribuído por Activision. Posúe versións para PC Windows, Playstation 3 e Xbox 360

Call of Duty: Black Ops[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Call of Duty: Black Ops

En novembro de 2010, Activision puxo á venda Call of Duty: Black Ops, sétima entrega principal da serie. A historia desenvólvese nos anos 60, durante a Guerra Fría. Existen versións para PC Windows, Playstation 3, Xbox 360 e Nintendo Wii.

Expansións[editar | editar a fonte]

Call of Duty: United Offensive[editar | editar a fonte]

Trátase dunha expansión para o Call of Duty orixinal. Foi programado por Pi Studios e Gray Matter Interactive e distribuído por Activision. Está dispoñible para PC Windows dende o 14 de setembro de 2004.

Outros capítulos[editar | editar a fonte]

Call of Duty: Finest Hour[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Call of Duty: Finest Hour

É a primeira entrega da franquía para videoconsolas. Está dispoñible para GameCube, Playstation 2 e Xbox. Estas dúas últimas contan con multixogador online para 32 xogadores.

Call of Duty 2: Big Red One[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Call of Duty 2: Big Red One

Baseada na primeira división de infantería americana, narra varias batallas nas que a unidade citada combateu. Desenvolvido por Treyarch, foi lanzado para GameCube, Playstation 2 e Xbox.

Call of Duty: Roads to victory[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Call of Duty: Roads to victory

Trátase dunha versión de Call of Duty 3 para PSP moi diferente da orixinal. Non incluíu multixogador.

Call of Duty: World at War Final Fronts[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Call of Duty: World at War Final Fronts

Final Fronts é unha adaptación de World at War deseñada por Rebellion Developments para Playstation 2. Recrea batallas da campaña do Pacífico, a batalla das Ardenas e os combates á ribeira do Rhin.

Call of Duty: Modern Warfare: Mobilized[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Call of Duty: Modern Warfare: Mobilized

É unha entrega paralela a Modern Warfare 2, coa que comparte ambientación, pero non guión nin personaxes. Desenvolvida por n-Space e distribuída por Activision, foi posta a venda para Nintendo DS.

Call of Duty: World at War: Zombies[editar | editar a fonte]

Partindo da base dun minixogo de World at War, Ideaworks Game Studio creou esta versión para Iphone.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Call of Duty (serie)