Saltar ao contido

PlayStation 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Playstation 2»)
Logo da consola.
Consolas Playstation 2.

A PlayStation 2 (PS2) é a segunda videoconsola producida por Sony, despois da PlayStation 1 e antes da PlayStation 3 (que foi lanzada en novembro de 2006). Lanzouse primeiro no Xapón o 4 de marzo de 2000, despois en América do Norte o 26 de outubro de 2000, e en Europa o 24 de novembro de 2000.

A PS2 é parte da sexta xeración de videoxogos. É a videoconsola máis rápida vendida, con máis de 100 millóns de consolas vendidas.

Características

[editar | editar a fonte]

O sistema que a consola utiliza como soporte para os xogos son discos en formato CD e DVD; o formato DVD aumenta o espazo dispoñible para os datos dos videoxogos, facendo polo tanto xogos de maior calidade gráfica e sonora. Ademais, tamén reproduce películas en formato DVD.

Especificacións técnicas

[editar | editar a fonte]

CPU (Emotion Engine)

  • Arquitectura: MIPS (R5900).
  • Frecuencia de reloxo do Sistema: 294.912 MHz (299 Mhz nas últimas versións).
  • Memoria Caché: Instrucións 16 KB, Datos 8 KB + 16 KB.
  • Memoria Principal: 32 MB.
  • Ancho de banda do Bus de memoria: 128 bits DMA.
  • Coprocesador: 2 Unidades paralelas de operacións vectoriais.
  • Rendemento do procesador nun punto flotante (FPP): 3.2 GFLOPS.
  • Transformación Xeométrica 3D CG: 18 millóns de polígonos por segundo.
  • Descodificador de compresión de Ficheiro: MPEG2.

GPU

  • Frecuencia do reloxo do Sistema: 147 MHz.
  • Memoria interna: 4MB DRAM.
  • Velocidade do frame buffer: 38,4 Gbytes/s.
  • Velocidade de debuxado: 2,4 Gpíxeles/s.

I/O

  • Núcleo da CPU: CPU de PlayStation mellorada (R5900).
  • Frecuencia de reloxo: 37.5 MHz.
  • Memoria IOP: 2 MB.
  • Sub Bus: 32-bit.

Son

  • Número de Voces: 48 canles con son surround 3D.
  • Memoria da selección de son: 2 MB.
  • Frecuencia de Saída: ata 48 kHz.

DVD

  • Tamaño máximo: Dobre capa 9 GB.
  • Velocidade do DVD-ROM: 4X.
  • Velocidade do CD-ROM: 24X.

Interface

  • Universal Serial Bus (USB) x 2.
  • Porto de mando x 2, rañura para MEMORY CARD x 2.
  • Saída Óptica Dixital.
  • Adaptador de rede.
  • Cable de rede.

Versións

[editar | editar a fonte]

Desde que a consola apareceu, non deixaron de evolucionar, se as primeiras consolas que chegaron a España eran a versión 3, ata a data coñécense ata a versión 14, máis ben chamada PStwo. Unha versión, que ao igual que pasou no seu momento con PSone (ou PlayStation) é a versión reducida da consola. Cada versión ten as súas particularidades.

Como podemos recoñecer a nosa versión?

  • Versión 3 - 10 parafusos na tapa inferior.
  • Versión 4 - 8 parafusos e non ten oco na parte superior da baía do disco duro.
  • Versión 5/6 - 8 parafusos, ten oco e a referencia é SCPH-3000X - SCPH-3000XR.
  • Versión 7/8 - 8 parafusos, ten oco e a referencia é SCPH-3900X.
  • Versión 9 - 8 parafusos, ten oco e a referencia é SCPH-5000X.
  • Versión 12/13 - SlimLine ou PSTwo, fácil de recoñecer polo seu reducido tamaño e con referencia SCPH-7000X.
  • Versión 14 - Igual en tamaño que as v12/13 pero con referencia SCPH-7500X.

Accesorios

[editar | editar a fonte]

Dispón dun gran número de accesorios, entre os clásicos mandos, volantes e pistolas, destacan pola súa orixinalidade os seguintes accesorios:

Cámara USB

O xogo EyeToy incorpora unha cámara de vídeo que permite ao usuario interactuar co xogo usando o seu corpo, o xogo procesa as imaxes que recibe a través da cámara e detecta as colisións para mover, golpear ou pulsa-los elementos do videoxogo.

Micrófono

O xogo SingStar incorpora dous micrófonos e un adaptador USB, é un xogo ao máis puro estilo Karaoke, que sorprendeu a comunidade dos videoxogos pola súa innovadora tecnoloxía no recoñecemento de voz.

Adaptador de Rede e disco duro Co adaptador de rede para PlayStation 2, poderemos xogar partidas online con outros xogadores e descargarnos actualizacións, imaxes e demais contidos para almacena-los no noso disco duro, xa son moitos os xogos que permiten usar esta tecnoloxía.

A descarga será aproximadamente en euros uns 3,40 as 24 horas.

Pad DDR

É un tapete de baile utilizado nos xogos de Konami, Dance Dance Revolution, están compostos polos botóns de frechas direccionais e nos vértices do tapete (que é de forma cadrada) encóntrase os botóns triángulo, círculo, cadrado e "X", estando na parte superior do tapete os botóns select e start.

Kit Linux

O Kit Linux esta composto por un disco duro de 40 GB, un adaptador de rede, un rato e un teclado USB, un cable VGA e o sistema operativo Linux para PlayStation 2, este kit esta pensado para programar, igualmente pódese introducir unha distribución de linux chamada Black Rhino

Norteamérica

  • US$299.99 (26 de outubro de 2000, prezo de saída).
  • US$199.99 (14 de maio de 2002).
  • US$179.99 (13 de maio de 2003).
  • US$149.99 (11 de maio de 2004).
  • US$129.99 (20 de abril de 2006).

Xapón

  • JP¥39,800 (marzo de 2000, prezo de saída).
  • JP¥35,000 (29 de xuño de 2001).
  • JP¥29,800 (29 de novembro de 2001).
  • JP¥25,000 (2002).
  • JP¥19,800 (13 de novembro de 2003).
  • JP¥17,800 (xuño de 2004).

Reino Unido

  • GB£299.99 (24 de novembro de 2000, Prezo de Saída).
  • GB£199.99 (26 de setembro de 2001).
  • GB£169.99 (1 de setembro de 2002).
  • GB£139.99 (1 de outubro de 2003).
  • GB£104.99 (18 de outubro de 2004).

España e Portugal

  • EUR €129,99 (actual).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]