Saltar ao contido

Fallout 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fallout 4

Tipovideoxogo Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticovideoxogo de rol de acción, videoxogo de supervivencia, videoxogo de ciencia ficción e videoxogo postapocalíptico Editar o valor en Wikidata
Modo de xogovideoxogo para un xogador Editar o valor en Wikidata
MotorCreation Engine Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aTodd Howard Editar o valor en Wikidata
Compositor/aInon Zur Editar o valor en Wikidata
DesenvolvedorBethesda Game Studios Editar o valor en Wikidata
Artista principalIstvan Pely (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enMassachusetts, Boston, Concord, Diamond City e The Commonwealth Editar o valor en Wikidata
Representa apersonaxe LGBT Editar o valor en Wikidata
Universo ficticiouniverso de Fallout Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EditorialBethesda Softworks Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aBethesda Softworks, Steam, Humble Store, PlayStation Store, Microsoft Store e PlayStation Now Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónDVD, distribución dixital e disco óptico Editar o valor en Wikidata
PlataformaMicrosoft Windows, PlayStation 4 e Xbox One Editar o valor en Wikidata
Parte da serieFallout Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Premios
Clasificación
Clasificación PEGI
USK
Contacto
Páxina WEBfallout.bethesda.net… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt4741306 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Fallout 4 é un videoxogo de rol de acción desenvolvido por Bethesda Game Studios e publicado por Bethesda Softworks. É a quinta entrega da serie Fallout. Anunciouse o 3 de xuño de 2015 mediante a publicación dun tráiler na páxina oficial de Bethesda. O xogo foi estreado mundialmente o 10 de novembro de 2015 para as plataformas Xbox One, PlayStation 4 e Microsoft Windows.[1]

Fallout 4 está ambientado na postapocalíptica cidade estadounidense de Boston, Massachusetts no ano 2287, 210 anos despois dunha devastadora guerra nuclear, na que o personaxe do xogador emerxe dun búnker subterráneo coñecido como Vault.[2] A xogabilidad é similar á do Fallout 3. O xogador completa varias misións e adquire puntos de experiencia para subir de nivel aos seus personaxes. Con perspectivas dispoñibles en primeira e terceira persoa, os xogadores poden explorar o mundo aberto de Fallout 4 a vontade, dando paso a unha xogabilidade non-lineal. Algúns compañeiros poden unirse ao xogador para acompañalo nas súas viaxes para axudarlle nas batallas e na recolección de distintos obxectos. Os xogadores teñen a habilidade de construír e desmantelar edificios e elementos, que utilizan para construír uns asentamentos, os cales poden ser habitados por personaxes non xogables.

Houbo múltiples rumores acerca de Fallout 4 ata o seu anuncio oficial. O xogo foi anunciado o 3 de xuño de 2015, as primeiras imaxes da mecánica de xogo amosáronse na propia conferencia de Bethesda no 2015 Electronic Entertainment Expo.[3] O xogo conta coa actuación de voz para o protagonista, o primeiro na serie.

A pesar da grande acollida dalgúns dos seus lanzamentos no pasado, como The Elder Scrolls V: Skyrim, Bethesda Game Studios crese que Fallout 4 pode ser o maior lanzamento da súa historia.[4] Fallout 4 postúlase como un dos grandes títulos para afrontar a recta final de 2015. Fallout 4 recibiu críticas positivas, moitas encomian a profundidade do mundo, a liberdade do xogador, a gran cantidade de contido, historia, artesanía, personaxes e banda sonora. En canto á visualización, recibiu críticas mixtas e a presenza de problemas técnicos foi criticada.

Xogabilidade

[editar | editar a fonte]
Todd Howard, director de xogo de Fallout 4 e Fallout 3.

A xogabilidade de Fallout 4 é moi similar á dos seus predecesores Fallout 3 e Fallout New Veigas. Onde podes volver elixir entre un modo en primeira persoa e terceira persoa, e onde podes ir con total liberdade a calquera punto do mapa. Có engadido dun sistema de diálogos dinámico grazas a 111 000 liñas de diálogo, e un sistema de crafteo moito máis profundo posto en funcionamento en todas as armas do xogo.[5]

Argumento

[editar | editar a fonte]

O 23 de outubro de 2077 houbo unha guerra nuclear que destruíu o mundo, o xogador entra no refuxio 111 no cal o colocan en "cryo stasis" ata o ano 2287. O xogador sae do seu estado de conxelación cara ao ermo en busca do seu fillo "Shaun" quen foi secuestrado.

  1. Leiva, Carlos. "Fallout 4 é anunciado de forma oficial e mostranos o seu primeiro tráiler". Vandal.net. Consultado o 4 de xuño de 2015. 
  2. "Fallout 4". El Refugio. Consultado o 16 de febreiro de 2016. 
  3. Ortega, Por José L. "Fallout 4, confirmado para PS4, Xbox One e PC". IGN España. Consultado o 11 de febreiro de 2016. 
  4. Fran, Pineda. "Bethesda cree que Fallout 4 pode ser o maior lanzamento da súa historia". Blogocio.net. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  5. https://plus.google.com/104569341456857245757/ (ed.). "Bethesda Completes Recording Of Fallout 4's 111,000 Lines Of Dialogue". www.GameInformer.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2015. Consultado o 27 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]