Call of Duty 3
| Call of Duty 3 | |
|---|---|
|
Título
| |
|
Instancia de
| |
|
Xénero
| |
|
Modo de xogo
| |
|
Motor gráfico
| |
| Autoría | |
|
Autor/a
| |
|
Compositor/a
| |
|
Desenvolvedor/a
| |
| Temática | |
|
Tema principal
| |
|
Ambientado en
| |
|
Universo ficticio
| |
| Publicación | |
|
Data de publicación
23 de marzo de 2007 (PlayStation 3) (rexión PAL)
14 de xuño de 2007 (PlayStation 3) (Xapón) 29 de marzo de 2007 (Xbox 360) (Xapón) 8 de decembro de 2006 (Wii) (Europa) 24 de novembro de 2006 (PlayStation 2) (Europa) 10 de novembro de 2006 (Xbox, Xbox 360) (Europa) 15 de novembro de 2006 (Xbox 360) (Australia) 6 de decembro de 2006 (Wii) (Australia) 22 de novembro de 2006 (Xbox, PlayStation 2) (Australia) 14 de novembro de 2006 (Wii, PlayStation 3) (América do Norte) 7 de novembro de 2006 (Xbox, Xbox 360, PlayStation 2) (América do Norte) | |
|
País de orixe
| |
|
Editorial
| |
|
Distribuidor/a
| |
|
Formato de distribución
| |
|
Plataforma
| |
|
Parte da serie
| |
|
Puntuación da crítica
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Precedido por
| |
|
Sucedido por
| |
| Fontes e ligazóns | |
| Wikidata C:Commons |
Call of Duty 3 é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty, ambientado durante a segunda guerra mundial. Foi desenvolvido por Treyarch e distribuído por Activision, agás a versión para Playstation Portable, desenvolvida por Amaze. Púxose á venda para Playstation 3, Playstation 2, Playstation Portable, Nintendo Wii, Xbox e Xbox 360.
Argumento
[editar | editar a fonte]O xogo recrea diversas batallas e enfrontamentos tras o desembarco de Normandía entre as tropas aliadas e as tropas nazis. Figuran diversas unidades de franceses, ingleses, estadounidenses, polacos e canadenses.
Armamento
[editar | editar a fonte]O armamento é acorde á época na que se basea a liña argumental, que inclúen diversos rifles automáticos e metralladoras: MP-40, MP-44, FG-42 e FG-42 con mira telescópica, metralladora MG-42, fusís: Kar98k e Kar98k con mira telescópica, Gewehr 43(semiautomática), antitanque Panzerschreck; por parte do Eixe.
Armas lixeiras automáticas: BAR(EEUU), Thompson(EEUU), Bren(Canadá e Polonia), Sten (Reino Unido), fusís: Springfield, M1 Garand, Lee Enfield e Lee Enfield con mira telescópica, ambas de uso canadense e británico.
Vendas
[editar | editar a fonte]A versión de PS3 vendeu aproximadamente 700 000 copias [1], a de Xbox 360 2,35 millóns [2], a de Wii 1,36 millóns [3] e a de PS2 870 000 copias [4].
Críticas
[editar | editar a fonte]Os baremos e as críticas varían moito segundo a versión. Para PS3 e Xbox 360 déuselle grande importancia ao apartado técnico. As versións de Wii e PS2 teñen un apartado técnico inferior, debido ás especificacións técnicas inferiores destes dous equipos. A versión para Wii está adaptada ao control propio da videoconsola. Acadou un 69 en Metacritic [5]. A versión de PS2 conseguiu un 82 [6], a de PS3, un 80 [7] e a de Xbox 360, un 82 [8]. A de Xbox, un 83.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Call of Duty 3 for PlayStation 3 - Sales, Wiki, Release Dates, Review, Cheats, Walkthrough". www.vgchartz.com. Consultado o 2020-01-17.
- ↑ "Call of Duty 3 for Xbox 360 - Sales, Wiki, Release Dates, Review, Cheats, Walkthrough". www.vgchartz.com. Consultado o 2020-01-17.
- ↑ "Call of Duty 3 for Wii - Sales, Wiki, Release Dates, Review, Cheats, Walkthrough". www.vgchartz.com. Consultado o 2020-01-17.
- ↑ "Call Of Duty 3 for PlayStation 2 - Sales, Wiki, Release Dates, Review, Cheats, Walkthrough". www.vgchartz.com. Consultado o 2020-01-17.
- ↑ "Call of Duty 3". Metacritic (en inglés). Consultado o 2020-01-17.
- ↑ "Call of Duty 3". Metacritic (en inglés). Consultado o 2020-01-17.
- ↑ "Call of Duty 3". Metacritic (en inglés). Consultado o 2020-01-17.
- ↑ "Call of Duty 3". Metacritic (en inglés). Consultado o 2020-01-17.
- ↑ "Call of Duty 3". Metacritic (en inglés). Consultado o 2020-01-17.
Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |