Call of Duty 2: Big Red One

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Call of Duty 2: Big Red One é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty, programado por Treyarch, con colaboración de Gray Matter Interactive e Pi Studios. Foi distribuído por Activision e posto á venda en novembro de 2005 para GameCube, Xbox e Playstation 2. Ao igual co seu predecesor Call of Duty: Finest Hour, trátase dun FPS (first person shooter) ambientado na Segunda Guerra Mundial.

Argumento[editar | editar a fonte]

O xogo narra unha serie de batallas da Segunda Guerra Mundial nas que interviu a unidade estadounidense Primeira división de infantería , alcumada a Big Red One, que inclúen combates no norte de África, en Italia e na Francia ocupada. A parte final do xogo sitúase no cruce da liña Sigfrido na fronteira coa Alemaña nazi.

Multixogador[editar | editar a fonte]

Big Red One inclúe multixogador en liña nas versións de PS2 e Xbox, para ata 32 xogadores, pero non na de GameCube. Unha parte do código e dos modos multixogador foron introducidos xa en Call of Duty e Call of Duty: Finest Hour.

Recepción e crítica[editar | editar a fonte]

Este videoxogo recbiu boas críticas nas tres versións, un 77 na versión de PS2 [1], un 78 en Xbox [2] e un 76 na de GameCube [3].

Vendas[editar | editar a fonte]

A versión de PS2 logrou vender 2,32 millóns de unidades [4] e a de Xbox 1,14 [5].

Notas[editar | editar a fonte]