Saltar ao contido

Call of Duty: Modern Warfare 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Call of Duty: Modern Warfare 2
Lorne Balfe Editar o valor en Wikidata
 Título
    Call of Duty (en) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Instancia de
 Parte de
 Medio usado
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Universo ficticio
 Motor gráfico
 Dispositivo de entrada
Implicados
 Desenvolvedor/a
 Interpretado por
 Compositor/a
 Editorial
Datas
 Data de publicación
23 de decembro de 2009 (ordenador persoal) (Xapón)
10 de decembro de 2009 (Xapón)
11 de novembro de 2009
10 de novembro de 2009 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Precedido por
 Sucedido por
 Versións
1.2.221 Editar o valor en Wikidata
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Custo
45.000.000 $
200.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Freebase/m/05h5q84 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
94/100 Metacritic
73/100 Metacritic
89/100 Kritikanstvo
86/100 Metacritic
94/100 Metacritic
76/100 CriticDB Editar o valor en Wikidata
Clasificación
PEGI 18 e PEGI 16
CERO
USK
IMDB: tt1450746 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Call of Duty: Modern Warfare 2, tamén denominado Modern Wafare 2 é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty. Programado por Infinity Ward e distribuído por Activision, foi lanzado en novembro de 2009 para PC Windows, Xbox 360 e Playstation 3. Segue a liña argumental iniciada por Call of Duty 4: Modern Warfare.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Continúa a historia de Call of Duty 4: Modern Warfare, xogo co que comparte numerosas personaxes. A acción comeza en Afganistán, onde as forzas especiais estadounidenses e británicas combaten contra insurxentes. A partir de entón, sucédense varios actos terroristas por Europa, instigados polas forzas ultranacionalistas rusas.

Estilo de xogo

[editar | editar a fonte]

Segue a liña dos seus predecesores, un FPS (first person shooter), con modo campaña para un xogador, e con varias personaxes máis controladas pola máquina. Tamén contén un modo multixogador en liña e unha serie de misións especiais a modo de extra. O armamento presentado é real, incluíndo rifles de asalto, escopetas, pistolas e granadas. Non obstante, varios críticos afirmaron del que era demasiado parecido a Call of Duty 4: Modern Warfare, tamén programado por Infinity Ward [1][2].

Recepción e crítica

[editar | editar a fonte]

O xogo contou dende o principio cunha grande expectación. Modern Warfare 2 obtivo moi boas cualificacións que acadaron segundo Metacritic un 94 en PS3 [3], un 94 en Xbox 360 [4] e un 86 en PC [5].

Rapidamente, Modern Warfare 2 converteuse nun dos videoxogos máis rapidamente vendidos da historia, acadando as 7 millóns de copias nun só día[6]. A versión de Xbox 360 foi a máis vendida, superando os 10 millóns de exemplares [7]. A versión de PS3 vendeu aproximadamente 7 millóns de copias [8].

  1. ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2010. Consultado o 22 de marzo de 2010.
  2. ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2010. Consultado o 22 de marzo de 2010.
  3. ↑ http://www.metacritic.com/games/platforms/ps3/modernwarfare2
  4. ↑ http://www.metacritic.com/games/platforms/xbox360/modernwarfare2
  5. ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2010. Consultado o 22 de marzo de 2010.
  6. ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2010. Consultado o 22 de marzo de 2010.
  7. ↑ http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=28848
  8. ↑ http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=28847