GoldenEye 007
GoldenEye 007 | |
---|---|
Tipo | videoxogo ![]() |
Xénero artístico | videoxogo de disparos en primeira persoa ![]() |
Linguas
| |
Modo de xogo | videoxogo multixogador e videoxogo para un xogador ![]() |
Autoría | |
Director/a | Martin Hollis ![]() |
Compositor/a | Graeme Norgate ![]() |
Desenvolvedor | Rare ![]() |
Temática | |
Ambientado en | Rusia e México ![]() |
Baseado en | 007: Goldeneye ![]() |
Universo ficticio | universo de James Bond ![]() |
Publicación | |
Data publicación
| |
País orixe | Reino Unido ![]() |
Editorial | Nintendo ![]() |
Distribuidor/a | Nintendo ![]() |
Plataforma | Nintendo 64 ![]() |
Parte da serie | James Bond ![]() |
Puntuación crítica
| |
Clasificación | |
Clasificación | CERO ![]() |
Contacto | |
Redes | ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
GoldenEye 007 é un videoxogo de 1997 desenvolvido por Rare e publicado por Nintendo para o Nintendo 64. Baséase no filme de 1995 de James Bond, 007: Goldeneye. Conta cunha campaña para un xogador no que os xogadores asumen o papel do axente de intelixencia James Bond na súa para previr que un sindicato criminal use unha arma satélite contra Londres. O xogo inclúe un modo multixogador con pantalla dividida no que até catro xogadores poden competir en diferentes competencias de estilo deathmatch.
O desenvolvemento comezou en 1995 e foi levado a cabo por un inexperto equipo liderado por Martin Hollis, quen anteriormente traballara nunha versión arcade de Killer Instinct. Nun comezo estaba pensado como un xogo de plataformas de desprazamento lateral para Super Nintendo Entertainment System, mais evoluciounou cara a un xogo de disparos en 3D inspirado en Virtua Cop de SEGA. Despois de dous anos e medio de desenvolvemento, GoldenEye 007 foi lanzado pouco antes da estrea da secuela do filme GoldenEye, 007: O mañá nunca morre. Malia que o xogo recibiu baixas expectativas por parte dos medios especializados, recibiu a aclamación da crítica e vendeu máis de oito millóns de copias, converténdose no terceiro xogo máis vendido de Nintendo 64. O xogo foi eloxiado polo seu estilo visual, o seu modo de xogo e a súa variedade, así como polo multixogador. En 1998, recibiu o Premio BAFTA ao Mellor Videoxogo e catro galardóns da Academy of Interactive Arts & Sciences.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Official Nintendo site en Wayback Machine (archived 19 de febreiro de 1999)
- Rare profile page en Wayback Machine (archived 20 de febreiro de 1999)