Nébeda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Calamintha nepeta»)

Non confundir con "néboda", de nome científico Potentilla erecta

Nébeda
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Asterids

ordo = Lamiales

Familia: Lamiaceae
Xénero: Calamintha
Especie: C. nepeta
Nome binomial
'Calamintha nepeta'
(L.) Savi
Subespecies
  • Satureja calamintha glandulosa
  • Satureja calamintha officinalis
Sinonimia

Satureja calamintha

A nébeda ou calaminta (Calamintha nepeta (L.) Savi 1798) é unha especie botánica herbácea perenne. É un membro da familia das mentas, e é usada en Galicia para cocer coas castañas e facelas máis dixestíbeis. Tamén é común na cociña italiana onde lle chaman mentuccia, nipitella or nepitella. En galego tamén recibe como nomes calaminta e a variante néboda.

Distribución[editar | editar a fonte]

É nativa do norte de África (Alxeria, Marrocos, Tunisia); oeste asiáico: (Turquía), Cáucaso (Armenia, Acerbaixán, Xeorxia, Rusia, Ciscaucasia, Daxestan); Europa: Reino Unido, Austria, Hungría, Suíza, Moldavia, Ucraína [incl. Crimea], Albania, Bulgaria; Grecia [incl. Creta]; Italia [incl. Sardeña, Sicilia]; Iugoslavia, Francia [incl. Córsega]; España [incl. Baleares, Portugal. Tamén aparece en Galiza.)

Hábitat[editar | editar a fonte]

Medra en bosques pouco mestos, sebes e lugares incultos, ao pé dos valados e muros.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha herba perenne, fanerógama da familia das labiadas, vivaz, moi ramificada, de 40 a 80 cm de altura, coas follas opostas, as flores brancas ou purpúreas reunidas nunha inflorescencia espiciforme e cun cheiro agradable e intenso.

Subespecies[editar | editar a fonte]

  • Satureja calamintha glandulosa: baixo cecemento, moi recendente, sur de Europa e Gran Bretaña
  • Satureja calamintha officinalis: perenne, con cheiro a menta, de centro e sur de Europa [1]

Usos[editar | editar a fonte]

Planta ornamental, e medicinal. Úsase para a cocedura das castañas xunto a outras herbas como o fiúncho. Os seus compostos químicos son mentol, pulegona e piperitona.[2]

Propiedades[editar | editar a fonte]

Principios activos: A esencia contén até o 57% de pulegona, l-mentona e l-alfa-pineno.[1]

Indicacións: é tónico, estomacal, sudorífico, carminativo, antiespasmódico, expectorante, adstrinxente, emenagogo.[1]

Cocemento: Unha chisca de follas nunha cunca de auga a ferver.

Sinonimia[editar | editar a fonte]

  • Calamintha officinalis (L.) Savi
  • Calamintha nepetoides Jord.
  • Satureja calamintha (L.) Scheele
  • Clinopodium nepeta (L.) Kuntze
  • Melissa calamintha
  • Melissa nepeta L. (basónimo)
  • Satureja calamintha (L.) Scheele var. nepeta (L.) Briq.
  • Satureja calamintha (L.) Scheele var. nepetoides (Jord.) Briq.
  • Satureja nepeta (L.) Scheele
  • Calamintha byzantina K.Koch
  • Calamintha glandulosa (Req.) Bentham
  • Calamintha nepeta subsp. glandulosa (Req.) P.W.Ball
  • Calamintha officinalis subsp. glandulosa (Req.) P.Fourn.
  • Calamintha officinalis Moench
  • Calamintha spruneri Boiss.
  • Satureja glandulosa (Req.) Caruel[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Dr. Berdonces I Serra. Satureja calamintha. Gran Enciclopecia de las Plantas Medicinales (Tikal ediciones). p. 245. ISBN 84-305-8496-X. 
  2. Sinónimos en Real Jardín Botánico

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • USDA, ARS, National Genetic Resources Program.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]