Estreito de Messina
O Estreito de Messina (Stretto di Messina en italiano) é un estreito no Mar Mediterráneo que separa a península italiana da illa de Sicilia e que liga o mar Xónico ao mar Tirreno. A súa menor largura é de 3,3 km.
Un transbordador conecta Messina (Sicilia) co continente en Villa San Giovanni, na Calabria.
No ano 2005 aprobouse un proxecto de construción dunha ponte que ligaría a illa de Sicilia á terra firme. Será a maior ponte con arco simple do mundo, cunha envergadura de 3300 m. O actual proxecto está programado para comezar en 2005, cunha duración de seis anos e un custo total de 4600 millóns de Euros.