Francisco Casimiro Marcó del Pont

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Casimiro Marcó del Pont
CasimiroMarcoDelPont.JPG
Nacemento 25 de xuño de 1765
  Vigo
Falecemento 19 de maio de 1819
  Luján
Nacionalidade España
Ocupación militar
editar datos en Wikidata ]

Francisco Casimiro Marcó del Pont Díaz Ángel Méndez, nado en Vigo en 1770 e finado en Luján (Arxentina) o 19 de maio de 1819, fillo de Buenaventura Marcó del Pont e Juana Ángel Méndez, foi un militar galego e gobernador da Corona Española en Chile. Foi unha das figura da Independencia de Chile pois foi o último dos Gobernadores de Chile cando foi apresado polas forzas do Exército dos Andes, lideradas por José de San Martín e Bernardo O'Higgins que entraron en Santiago despois da Batalla de Chacabuco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carreira militar en España[editar | editar a fonte]

Iniciou a carreira militar como cadete no Rexemento de Infantería de Zaragoza en 1784. Estivo na guarnición de Orán en 1789. En 1802 estaba no Rexemento Tarragona. Durante o Sitio de Zaragoza foi feito prisioneiro e levado a Francia conseguiu o seu traslado a Valençey, prisión de Fernando VII. Logo da restauración regresou a Madrid, onde a súa influencia na corte outorgoulle o goberno de Chile, aínda que o nomeamento se fixo contra o parecer do Consello de Indias.

Goberno de Chile[editar | editar a fonte]

A fins de 1815, vía Panamá, e pasando por Lima, arribou a Valparaíso. A súa recepción en Santiago foi inicialmente favorable, substituíndo na xefatura do goberno a Osorio, identificado coa austeridade do período de reconquista militar. Marcó del Pont pretendía unha reconciliación a través de actos demagóxicos, non obstante o ambiente de desconfianza e prebendas levouno a copar de europeos e crioulos peruanos os postos clave e dar á restauración un carácter represivo. O capitán Vicente San Bruno, encargado da actividade policial, pero levando as súas funcións máis alá da delincuencia común, montou un tribunal político cuxa desorientación e arbitrariedade levouno ao descrédito e animosidade. Marcó del Pont errou na súa política de goberno ao incumprir as políticas de reconciliación da corte de España, como o indulto xeral aos patriotas do 12 de febreiro de 1816. Ademais o estado de permanente alarma esgotou os recursos empregados na defensa do mar e a cordilleira de Chile. Enviou varios espías a Cuyo para que solicitasen información sobre o Exército Libertador dos Andes.

Por outra banda cumpriu correctamente o seu papel administrador, acreditando a súa lealdade, pospoñendo os seus soldos ás posibilidades do estado. Entre as súas obras urbanísticas están a mellora do paseo de Tajamar ou a Alameda, reparou o Teatro e coliseo, construíu a canle de Maipú.

Fin do goberno[editar | editar a fonte]

San Martín, encomendou ao seu armeiro José Antonio Alvarez Condarco, en misión de espionaxe, que fose entrevistarse con Marcó del Pont, debendo recoñecer e memorizar na súa viaxe os accidentes do terreo. Marcó del Pont expulsouno do país anotando no pasaporte do armeiro unha expresión en referencia á traizón de José de San Martín á monarquía española: Yo firmo con mano blanca y no como la de su general que es negra[1][2]

Fuxida e captura[editar | editar a fonte]

Trala caída do goberno español de Santiago, Marcó del Pont fuxiu a Valparaíso dirixíndose primeiro a San Antonio[3] a través da Cuesta de Lo Prado crendo que na súa baía estaba o buque San Miguel,[3] pero este levantara áncora horas antes.[3] Atopouse na disxuntiva de seguir o camiño da costa pero caería a mercede dos montoneros de Ramón Freire polo que se decidiu a seguir cara ao norte, a través das actuais localidades de Cartaxena,[3] El Tabo, El Quisco, descansando en El Totoral o 15 de febreiro de 1817.[3] Desde esta posición enviou un inquilino para que o avisará respecto da situación en Valparaíso.[4] O home avisou o seu xefe, o hacendado de Las Tablas que se concertou co Capitán José Aldao para rodear a quebrada o 15 de febreiro.[4] Na Quebrada del Totoral, atopárono con todos os oficiais que o acompañaron na súa saída de Santiago;[4] o tenente coronel Fernando Cacho, o coronel Ramón González e o fiscal Prudencio Lazcano.[4] Todos entregaron as súas espadas salvo el que pediu entregala a un xefe da súa condición.[4] A virxe da súa capela particular aínda pode verse na capela do Eremitorio franciscano de El Totoral.

Virxe de Marcó del Pont en El Totoral.

Saúdo de San Martín[editar | editar a fonte]

Conforme aos relatos entregou cerimoniosamente a súa espada a San Martín.[4] Di a tradición arxentina que San Martín saudouno coa expresión: ¡Venga esa mano blanca, mi general!.

Enviado a Arxentina[editar | editar a fonte]

O 16 de abril de 1817 foi enviado a Mendoza. San Martín ordenou encarcerar a Marcó del Pont en San Luis xunto cos prisioneiros tomados en Chacabuco. Logo dun motín en 1819 no que non tomou parte, pero foi igualmente acusado,[4] trala intervención de Monteagudo ordenou o seu traslado a outra prisión na "La Estanzuela", máis ao interior da provincia de San Luis, onde morreu o 19 de maio de 1819, á idade de 49 anos.

Predecesor:
Mariano Osorio
Gobernador de Chile
1815- 12 de febreiro de 1817
Sucesor:
Francisco Ruiz-Tagle
Gobernador Político Interino de Santiago

Notas[editar | editar a fonte]

  1. JOHN LYNCH. San Martin,pp140
  2. Según Norberto Galasso esta expresión facía referencia ao carácter fidalgo de Marcó del Pont, e por outra á cor da pel de San Martín, a quen os realistas supuñan mestizo e chamábano El Cholo de Misiones, porque na época cholo significaba indio. Extractado de "Seamos Libres y lo demás no importa nada" de Norberto Galasso - ISBN 978-950-581-779-5
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Historia de Chile , Francisco de Encina , tomo XIII página 176
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Historia de Chile , Francisco de Encina Tomo XIII página 177

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Historia física y política de Chile. Volume 1