Bridge of Spies (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Bridge of Spies")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Bridge of Spies
Bridge of Spies Logo.png
Ficha técnica
DirectorSteven Spielberg
ProdutorSteven Spielberg
Marc Platt
Kristie Macosko Krieger
GuiónMatt Charman
Joel Coen
Ethan Coen
IntérpretesTom Hanks
Mark Rylance
Amy Ryan
Alan Alda
MúsicaThomas Newman
FotografíaJanusz Kamiński
MontaxeMichael Kahn
EstudioDreamWorks Pictures
Fox 2000 Pictures
Reliance Entertainment
Participant Media
TSG Entertainment
Afterworks Limited
Studio Babelsberg
Amblin Entertainment
Marc Platt Productions
DistribuidoraWalt Disney Studios Motion Pictures (Estados Unidos)
20th Century Fox
Estrea4 de outubro (Festival de Cinema de Nova York)
16 de outubro (Estados Unidos de América); 30 de novembro de 2015 (Première en Madrid) España España, 4 de decembro de 2015 Galicia.
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama histórico
Thriller
Orzamento40.000.000 $[1]
Recadación162.737.348 $[2]

Bridge of Spies (literalmente en galego: Ponte de espías) é un filme dramático de 2015, dirixido por Steven Spielberg e escrito por Matt Charman, Joel Coen e máis Ethan Coen. O filme está protagonizado por Tom Hanks, Mark Rylance, Amy Ryan e Alan Alda. Baséase na detención do espía ruso Rudolf Abel en 1957 e o denominado Incidente do U-2, ocorrido o primeiro de maio de 1960, durante a guerra fría.

A rodaxe comezou o 8 de setembro de 2014 en Brooklyn, Nova York. Touchstone Pictures estreou o filme nos Estados Unidos o 16 de outubro de 2015 e a 20th Century Fox distribúeo no resto do mundo. En Galicia estreouse coa dobraxe castelá en decembro de 2015.

O filme foi nomeado coma mellor filme nos premios Oscar 2015, que tivo lugar o 28 de febreiro de 2016. Finalmente conseguiu o Oscar ó mellor actor secundario para Mark Rylance.

Enredo[editar | editar a fonte]

O filme narra os feitossucedidos en 1957 en América do Norte da detención do espía ruso Rudolf Abel e a súa acusación, cuxa defensa encargouse o avogado James B. Donovan e tamén o posterior Incidente do U-2, ocorrido en 1960, no que un avión norteamericano caeu derrubado na Unión Soviética, en plena guerra fría. A Donovan encomendóuselle negociar o troco de Francis Gary Powers, o piloto do avión estadounidense derrubado, por Rudolf Abel.[3]

Elenco[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

Vehículos en Monroe Place durante a filmación

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

St. James Place foi dada a Matt Charman, que escribiu os primeiros inicios do guión. Despois presentoullo a DreamWorks, cuxo co-fundador Steven Spielberg atopouno interesante e decidiu dirixilo.[4] Marc Platt e Kristie Macosko Krieger uníronse coma produtores xunto a Spielberg. Joel Coen e mais Ethan Coen revisaron o guión orixinal de Matt Charman. En xuño de 2014, 20th Century Fox estivo de acordo en financiar lo filme coa DreamWorks e Participant, cos dereitos de distribución sendo divididos entre a Disney e a Fox.[5]

Elección do elenco[editar | editar a fonte]

En maio de 2014, anunciouse que Tom Hanks sería James B. Donovan e Mark Rylance sería o co-protagonista xusto a Hanks. Amy Ryan, Alan Alda, Billy Magnussen e Eve Hewson, tamén estarían no filme.[6][7] Participant Media co-producirá a película.[8]

Rodaxe[editar | editar a fonte]

Luces durante a filmación

A rodaxe empezou o 8 de setembro de 2014 en Brooklyn, Nova York.[9] O 14 de setembro, a filmación ocorreu en DUMBO.[10] O 15 de setembro, continuou en Astoria, entre o Parque Astoria e Ditmars Boulevard. A filmación foi feita en 18 Street e a Avenida 26 en Astoria.[11][12] O 26 de setembro, a filmación ocorreu en Henry Street e Love Lane en Brooklyn Heights.[13] O 19 de setembro, en Hicks Street e Pineapple Street.[14]

A comezos de outubro, despois de rematar a rodaxe en Nova York, a produción continuou nos Babelsberg Studio en Berlín e Potsdam (Alemaña).[15] A filmación empezou no Aeroporto de Berlín-Tempelhof en outubro. Angela Merkel visitou o set.[16] A fotografía principal terminou o 4 de decembro. A filmación tamén tivo lugar en Wrocław, Polonia en novembro[17].

Posprodución[editar | editar a fonte]

O 2 de outubro de 2014, Michael Kahn foi confirmado como o editor do filme.[18]

Estrea[editar | editar a fonte]

O filme tivo a súa estrea o 4 de outubro no Festival de Cinema de Nova York e o 16 de outubro de 2015 nos Estados Unidos.[19][20] En Galicia estreouse coa dobraxe castelá en decembro de 2015.

A Walt Disney Studios Motion Pictures distribúe o filme en América do Norte por Touchstone Pictures.

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Entre outro premios o filme está nomeado con seis estatuillas para os premios Oscar 2015, que terán lugar o 28 de febreiro de 2016. Entre os nomeamentos figuran:

Premio Categoría Receptor Resultado Ref.
88ª edición dos Oscar Mellor filme Kristie Macosko Krieger, Marc Platt e Steven Spielberg Nomeada [21]
mellor actor secundario Mark Rylance Gañador
Mellor guión orixinal Matt Charman, Joel e mais Ethan Coen Nomeado
Mellor banda sonora Thomas Newman Nomeado
Mellor deseño de produción Adam Stockhausen, Bernhard Henrich e Rena DeAngelo Nomeado
Mellor son Drew Kunin, Andy Nelson e Gary Rydstrom Nomeado
Globos de Ouro Mellor actor secundario Mark Rylance Nomeado [22]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Box office / business for Bridge of Spies (2015)". IMDb (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2015. 
  2. "Bridge of Spies". Box Office Mojo (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2015. 
  3. "Four Cast in Steven Spielberg's Untitled Cold War Spy Thriller". Dreamworks Studio. 21 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 5 de novembro de 2014. 
  4. Siegel, Tatiana (24 de xullo de 2014). "Novice Screenwriter on Selling His First Script to Steven Spielberg: 'Exhilarating and Nerve-Racking'". The Hollywood Reporter. Consultado o 5 de novembro de 2014. 
  5. Ge, Linda (20 de xuño de 2014). "Fox to Co-Finance Steven Spielberg's Cold War Thriller Starring Tom Hanks". The Wrap. Consultado o 23 de agosto de 2014. 
  6. Bahr, Lindsey (16 de xuño de 2014). "Steven Spielberg's Cold War thriller and 'The BFG' snag release dates". Entertainment Weekly. Consultado o 16 de xuño de 2014. 
  7. "Amy Ryan, Alan Alda Join Tom Hanks in Steven Spielberg’s Cold War found Thriller". variety.com. 21 de xullo de 2014. Consultado o 21 de xullo de 2014. 
  8. "Participant Joins DreamWorks On Spielberg Cold War Pic & ‘The Light Between Oceans’". deadline.com. 
  9. "Steven Spielberg’s Untitled Cold War Thriller is filming in Brooklyn this weekend". onlocationvacations.com. 12 de setembro de 2014. Consultado o 14 de setembro de 2014. 
  10. Frost, Mary (7 de outubro de 2014). "DUMBO transformed for Spielberg Film". brooklyneagle.com. Consultado o 12 de outubro de 2014. 
  11. http://weheartastoria.com/2014/09/spielbergs-st-james-place-is-filming-in-astoria/
  12. "Steven Spielberg spotted on the set of 'St James Place' in Astoria". onlocationvacations.com. 16 de setembro de 2014. Consultado o 18 de setembro de 2014. 
  13. Bindelglass, Evan (29 de setembro de 2014). "Tom Hanks, Steven Spielberg Film ‘St. James Place’ In Brooklyn Heights". brooklynnews.net. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2014. Consultado o 12 de outubro de 2014. 
  14. Fink, Homer (29 de setembro de 2014). "Spielberg Transforms Perfect Paws into a 1960s Dress Shop and He Will Make It Rain Monday Night in Brooklyn Heights". brooklynheightsblog.com. Consultado o 12 de ouctubro de 2014. 
  15. Blaney, Martin (1º de outubro de 2014). "Race producers plan to re-team". SCREENDAILY. Consultado o 10 de outubro de 2014. 
  16. http://www.morgenpost.de/berlin/article134825500/Merkel-besucht-Spielberg-und-Hanks-auf-Glienicker-Bruecke.html
  17. "Spielberg to shoot spy thriller in Wroclaw". thenews.pl. 22 de outubro de 2014. Consultado o 24 de outubro de 2014. 
  18. Caranicas, Peter (2 de outubro de 2014). "Below the Line Bookings". variety.com. Consultado o 3 de outubro de 2014. 
  19. McNary, Dave (16 de xuño de 2014). "Tom Hanks-Steven Spielberg Cold War Thriller Set for Oct. 16, 2015". Variety. Consultado o 6 de xuño de 2014. 
  20. "Release Info for Bridge of Spies (2015)". IMDb (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2015. 
  21. http://www.goldderby.com/news/11470/oscars-2016-oscar-nominations-complete-list-mad-max-fury-road-the-revenant-star-wars-13579086.html
  22. "Full List of Golden Globe Film and Television Nominations". Consultado o 2015-12-11.