Bothus podas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bothus podas
Rapapelos de ollos grandes,
rascón de ollos grandes


Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Bothidae
Xénero: Bothus
Especie: B. podas
Nome binomial
Bothus podas
(Delaroche, 1809) [1]
Bothuos podas sobre un fondo de area.

Bothus podas é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos,[1] coñecida en galego como rapapelos de ollos grandes ou rascón de ollos grandes.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1809 polo médico e naturalista suízo François-Étienne de La Roche, ou Delaroche, co nome de Pleuronectes podas.[1]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ao longo da historia, foi coñecida, entre outros, ademais de polo seu nome válido actualmente,polos sinónimos:[1]

  • Bothus africanus Nielsen, 1961
  • Bothus diaphanus Rafinesque, 1814
  • Bothus podas africanus Nielsen, 1961
  • Bothus podas maderiensis (Lowe, 1834)
  • Bothus podas podas (Delaroche, 1809)
  • Peloria heckelii Cocco, 1844
  • Platophrys podas (Delaroche, 1809)
  • Pleuronectes podas Delaroche, 1809
  • Rhomboidichthys podas (Delaroche, 1809)
  • Rhombus gesneri Risso, 1827
  • Rhombus heterophthalmus Bennett, 1831
  • Rhombus maderensis Lowe, 1834
  • Rhombus serratus Valenciennes, 1839
  • Solea rhomboide Rafinesque, 1810

Subespecies[editar | editar a fonte]

Segundo o SIIT, recoñécense dúas subespecies,[3] aínda que a maioría dos autores consideran estas como sinónimos da especie

  • Bothus podas maderensis (Lowe, 1834)
  • Bothus podas podas (Delaroche, 1809)

Características[editar | editar a fonte]

As principais características morfolóxicas desta especies son:[4][5]

Parte anterior do corpo de B. podas. Obsérvesense os ollos e a coloración críptica.
Coloración críptica de B. podas sobre un fondo pedregoso.
  • Corpo ovalado, deprimido, sinistro (cos dous ollos no lado esquerdo), de até 45 cm de lonxitude máxima,[6] aínda que o tamaño medio dos espécimes capturados rolda os 13 cm.[7] O peso máximo rexistrado foi de 700 g.[6]
  • Os ollos dos machos son redondos, e están moi separados entre si (máis que nas femias), estando o superior máis adiantado que o inferior.
  • Aleta dorsal con de 85 a 95 raios; e a anal con de 63 a 73.
  • A aleta doiral, que nace á altura do ollo superior, esténdese por todo o costado do peixe até a aleta cudal.
  • A aleta pectoral do ladoi cego é maí curta cá do lado pigmentado (ocular).
  • As escamas no lado ocular son ctenoides (rugoas), mentres que no lado cego son cicloides (lisas).
  • A coloración do lado cego e sempree branca ou abrancazada, mentres que a do lado ocular ou pigmentado varía en función do medio en que se acha, mimetiuzándose co solo atñe aparecer como invisíbel.

Diferenzas intraespecíficas[editar | editar a fonte]

  • A especie presenta dimorfismo sexual: ademais da maior separacióin dos ollos nos machos, o perfil destes é máis alongado, mentres que o das femias é máis arredondado; outra diferenza é que os machos presentan unha pequena espiña no fociño.
  • A subespecie da costa do Mediterráneo e de África, B. p. podas ten de 75 a 86 escamas na liña lateral, con de 13 a 20 escamas na parte curva desta; a subespecie de Madeira e das Canarias. B. p. maderensis, pola contra, ten de 88 a 91 escamas na liña lateral, das que de 20 a 21 están na parte curvada.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

É un peixe mariño, demersal, que vive en augas intertropicais, do Atlántico oriental e no Mediterráneo, en fondos de entre os 15 e os 400 m de profundidade,[8] entre os 45° N e os 15° S, e entre os 26° W e os 36° E,[4] e a súa área de distribución comprende as augas costeiras desde Portugal até Angola, incluíndo os arquipélagos de Madeira e das Canarias, e as do mar Mediterráneo.[5][9]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

A especie vive en augas pouco profundaa sobre fondos areosos e lamacentos da plataforma continental.[9][10]

Aliméntase de invertebrados e peixes bentónicos.[9][10]

A reprodución ocorre entre os meses de maio e agosto.[9]

Os individuos xuvenís adáptanse ben en acuarios, pero requiren suficientes zonas de fondos adecuados.[9]

Pesca[editar | editar a fonte]

Bothus podas é unha especie comestíbel, e péscase nas zonas do Atlántico nordeste, centro-leste e sueste, e no mar Mediterráneo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Bothus podas (Delaroche, 1809) no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 79.
  3. Bothus podas no SIIT.
  4. 4,0 4,1 Bothus podas (Delaroche, 1809) en FishBase.
  5. 5,0 5,1 Bothus podas en DORIS.
  6. 6,0 6,1 Ly, B., M. Diop et M. Girardin (1996): Guide et nomenclature nationale commerciale des especes marines (poissons, crustaces et mollusques) pechees en Mauritanie. Nouakchot: Centre National de Recherches Oceanographiques et des Peches, Ministere des Peches et de l'Economie Maritime.
  7. Bauchot, M.-L. (1987): "Poissons osseux". En: W. Fischer, M.L. Bauchot and M. Schneider, eds. Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37. Vol. II. Roma: Commission des Communautés Européennes and FAO, pp. 891-1421.
  8. Sanches, J. G. (1991): Catálogo dos principais peixes marinhos da República de Guiné-Bissau. Publicações avulsas do I.N.I.P. No. 16.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Göthel, H. (1992): Fauna marina del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  10. 10,0 10,1 Maigret, J. et B. Ly (1986): Les poissons de mer de Mauritanie. Science Nat., Compiègne.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Aldebert, Y.; M. Desoutter and J.-C. Quéro (1990): "Bothidae". En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post and L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Vol. 2. pp. 1027–1036. JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-471-25031-7.
  • van der Land, J.; Costello, M.J.; Zavodnik, D.; Santos, R.S.; Porteiro, F.M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W.N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 357–374.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]