Bothus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bothus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, que é o tipo da familia dos bótidos.[1]

Encóntranse nos océanos Pacífico, Índico e Atlántico (incluído o mar Mediterráneo).

Unha das súa principais características é a súa gran capacidade para mimetizarse co fondo do mar no que habitan, e poden cambiar de cor para confundirse co seu contorno segundo onde se encontren. Algunhas das súas especies presentan, no lado pigmentado, manchas en forma de aneis de cor azul.

As especies deste xénero son de pequenas dimensións xa que só algunhas chegan, excepcionalmente, aos 40 cm de longo; algunhas teñen, porén, interese pesqueiro, as que Lahuerta e Vázquez dan o nome de rapapelos (como aos seus parentes do xénero Arnoglossus.[2]

Características[editar | editar a fonte]

Botus podas. Nótese a separación dos ollos.

Estes pequenos peixes (até un máximo de 40 cm de lonxitude) teñen a forma típica dos peixes planos, co corpo deprimido, alongado, ovalado e asimétrico, os dous ollo no mesmo lado do corpo.

A especies deste xénero caracterízanse por presentaren un marado dimorfismo sexual: os machos teñen os ollos moi distantes e, por iso, a aleta pectoral esquerda está moi desenvolvida.

A coloración do lado pigmentado variábel, podendo mimetizarse co contorno, pero pode ser moi contrastada.

As larvas preadultas presentan tentáculos frontais ramificados.

Hábitat e distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Son peixes estritamente costeiros na súa maioría, que viven en fondos areosos ou pedrgosos.

As especies deste xénero encóntranse en todos os mares e os océanos tropicais e subtropicais, aínda que algunhas tamén habitan en augas temperadas e incluso frías. Á parte de Bothus podas, as especies do xénero están distribuídas sobre todo no leste do continente americano.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Bothus lunatus.
Bothus mancus.
Bothus robinsi.

O xénero foi descrito por primeira vez en 1810 polo naturalista estadounidense (de orixe franco-xermano-italiana) Constantine Samuel Rafinesque.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ao longo do tempo, o xénero foi coñecido polos seguintes sinónimos:[1]

  • Peloria Cocco, 1844
  • Platophrys Swainson, 1839
  • Rhomboidichthys Bleeker, 1856

Especies[editar | editar a fonte]

Na actualidade, tanto a FishBase como o WoRMS, recoñecen dentro do xénero como válidas as seguintes 16 especies:[1][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Bothus Rafinesque, 1810 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 2,2 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 79.
  3. Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Bothios en FishBase.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-471-25031-7.
  • van der Land, J.; Costello, M.J.; Zavodnik, D.; Santos, R.S.; Porteiro, F.M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W.N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 357–374.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]