Hugo Novoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hugo Novoa
Información persoal
Nome Hugo Novoa Ramos
Nacemento 24 de xaneiro de 2003
Lugar de nacemento Bertamiráns
Altura 1,82 m.
Posición extremo esquerdo e lateral
Información de club
Club actual Villarreal B
Carreira xuvenil
2008–2013 Bertamiráns
2013–2019 Deportivo da Coruña
2019–2021 RB Leipzig
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2021– RB Leipzig 15 (2)
2023 Basel 12 (1)
2023–2024 Utrecht 2 (0)
2024– Villarreal B 0 (0)
Selección nacional
2019 España sub-16 7 (0)
2019–2020 España sub-17 8 (0)
2021–2022 España sub-19 6 (0)
2022– España sub-21 7 (1)
Na rede
Instagram: hugonovoa_ Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de outubro de 2023.
Selección: actualizado a 13 de outubro de 2023.editar datos en Wikidata ]

Hugo Novoa Ramos, nado en Bertamiráns (Ames) o 24 de xaneiro de 2003, é un futbolista galego que xoga de extremo e lateral dereito no Villarreal B, da Primeira División RFEF, cedido polo RB Leipzig alemán. É internacional coa selección española sub-21.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas canteiras do Bertamiráns e do Deportivo da Coruña, e en 2019 entrou na canteira do RB Leipzig.[1]

Despois de dous anos nas categorías inferiores do club, o 23 de outubro de 2021 fixo o seu debut na Bundesliga co primeiro equipo, no que xogaba o tamén galego Angeliño. Foi nun partido contra o Greuther Fürth no Red Bull Arena de Leipzig, no que o adestrador Jesse Marsch o fixo saltar ao campo no minuto 85 como substituto de Christopher Nkunku. Marcou un gol no primeiro balón que tocou, ao rematar ás redes un pase do húngaro Dominik Szoboszlai, facendo o 4-1 definitivo para o seu equipo.[2] Con este tanto converteuse no futbolista máis novo en marcar un gol co Leipzig (18 anos e 272 días).[3]

Tres días despois xogou o seu primeiro partido como titular, na vitoria por 0-1 sobre o SV Babelsberg 03, correspondente á Copa de Alemaña.[4] O 24 de novembro debutou na Liga de Campións, na vitoria por 0-5 contra o Club Brugge no estadio Jan Breydel.[5] Pechou a tempada con oito partidos na Bundesliga, un na Liga de Campións e dous na copa alemá, competición da que o equipo se proclamou campión na final ante o Freiburg.[6]

En xaneiro de 2023 saíu cedido ao Basel da Super Liga suíza para a seguinte campaña e media, na busca de máis regularidade.[7] Con todo, permaneceu só medio ano no equipo helvético, disputando 15 partidos e contabilizando un gol e dúas asistencias. Para a tempada 2023/24 volveu saír cedido, desta vez ao Utrecht, da Eredivisie.[8] Debutou na máxima categoría dos Países Baixos na quinta xornada, na vitoria por 1-3 sobre o Heracles Almelo. Disputou só cinco partidos co club neerlandés e na segunda parte da metade foi cedido ao Villarreal B, da Primeira División RFEF.[9]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional coas seleccións españolas sub-16, sub-17 e sub-19,[10] así como coas diferentes categorías inferiores da selección galega. O 7 de xuño de 2022 debutou coa selección española sub-21, nunha goleada por 7-1 sobre Malta, correspondente á clasificación para a Eurocopa sub-21,[11] onde saltou ao terreo de xogo na segunda parte como substituto de Abel Ruiz.[12]

Palmarés[editar | editar a fonte]

RB Leipzig

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El coruñés Hugo Novoa logra su primer gol en la Bundesliga". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de outubro de 2021. Consultado o 25 de outubro de 2021. 
  2. "El español Hugo Novoa debuta con gol en el triunfo del Leipzig". Mundo Deportivo (en castelán). 23 de outubro de 2021. Consultado o 25 de outubro de 2021. 
  3. "O galego Hugo Novoa convértese no goleador máis novo na historia do Leipzig". CRTVG. 24 de outubro de 2021. Consultado o 25 de outubro de 2021. 
  4. "SV Babelsberg 03 - RB Leipzig". Eurosport (en inglés). Consultado o 28 de outubro de 2021. 
  5. "El gallego Hugo Novoa debuta en Champions con el Leipzig". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de novembro de 2021. Consultado o 27 de novembro de 2021. 
  6. "El Leipzig gana la Copa de Alemania en los penaltis tras una lucha épica" (en castelán). 21 de maio de 2022. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  7. "Otro gallego que emigra a Suiza: Hugo Novoa se marcha cedido al Basilea" (en castelán). 5 de xan. de 2023. Consultado o 7 de abril de 2023. 
  8. "Hugo Novoa moves on loan to Utrecht" (en inglés). 1 de setembro de 2023. Consultado o 13 de outubro de 2023. 
  9. Mata, Javier (30 de xaneiro de 2024). "El Villarreal oficializa la llegada de Hugo Novoa para el filial". As (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  10. "Hugo Novoa: «Un sueño a largo plazo es ser importante en la Champions»". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xuño de 2020. Consultado o 25 de outubro de 2021. 
  11. "El talento del gallego Hugo Novoa brilla en la selección sub-21: España golea a Malta". El Correo Gallego (en castelán). 8 de xuño de 2022. Consultado o 8 de xuño de 2022. 
  12. "España logra su objetivo de victoria, goleando a Malta (7-1)" (en castelán). 7 de xuño de 2022. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2022. Consultado o 8 de xuño de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]