Santi Mina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Santi Mina
Santi Mina 2019.jpg
Información persoal
Nome completo Santiago Mina Lorenzo
Nacemento 7 de decembro de 1995 (23 anos)
Lugar Vigo, Galicia Galicia
Altura 1,77 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Celta de Vigo
Número 22
Carreira xuvenil
2005–2012 Celta
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2013 Celta B 15 (8)
2012–2015 Celta 50 (9)
2015–2019 Valencia 117 (29)
2012–2015 Celta 0 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 19 de maio de 2019.
† Aparicións (Goles)

Santiago Mina Lorenzo, nado o 7 de decembro de 1995 en Vigo é un futbolista galego que xoga no Celta de Vigo na demarcación de dianteiro centro. É fillo do defensa do Celta de Vigo na década dos 80 Santiago Mina Vallespín.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo. Debutou co primeiro equipo en partido oficial o 18 de febreiro de 2013 ante o Getafe CF con tan só 17 anos, dous meses e 9 días, so superado en precocidade por Sansón e Iago Bouzón[2].

O 16 de setembro de 2013 anotou o seu primeiro gol co primeiro equipo en Primeira División no encontro ante o Athletic de Bilbao, que supuxo tamén a inauguración do Novo Estadio de San Mamés. Con este tanto batiu dous récords o do xogador celeste e o do xogador galego máis novo en marcar en primeira división con 17 anos e 280 días[3].

O 11 de abril de 2015 no partido entre o Celta de Vigo e o Rayo Vallecano Santi Mina marcou 4 goles, partido que rematou cun 6-1 no marcador do estadio de Balaidos[4].

O 4 de xullo de 2015 fichou polo Valencia, co cal asinou un contrato até 2021 logo do pago da súa cláusula de rescisión de 10 millóns de euros.[5] En 2017 foi denunciado por agresión sexual[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Santi Mina". BDfútbol. 
  2. "Sansón". Yo jugué en el Celta (en castelán). 
  3. "Santi Mina da un nuevo salto con su 'babygol'". Marca (en castelán). 18 de setembro de 2013. 
  4. "Santi Mina hace historia con sus cuatro goles". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de abril de 2015. 
  5. "Santi Mina, new Valencia CF player". Valencia CF (en inglés). 4 de xullo de 2015. 
  6. "Santi Mina y un amigo declararon como investigados en un proceso todavía abierto". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de xuño de 2017.