Bob Anderson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bob Anderson
Nome completoRobert James Gilbert Anderson
Nacemento12 de setembro de 1922
Lugar de nacemento Gosport, Inglaterra
Falecemento1 de xaneiro de 2011
Lugar de falecemento West Sussex, Inglaterra
NacionalidadeReino Unido
Ocupaciónesgrimista, coreógrafo de loita de espadas, asesor da arte de armas.
Na rede
IMDB: nm0026428 Allocine: 75281 Allmovie: p587377 WikiTree: Anderson-29973 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Robert James Gilbert "Bob" Anderson, nado en Gosport o 15 de setembro de 1922 e finado en West Sussex o 1 de xaneiro de 2012 foi un esgrimista olímpico inglés, e un recoñecido coreógrafo de loita con espadas no cinema durante máis de 50 anos, traballando en Highlander, A princesa prometida, A máscara do Zorro, O señor dos Aneis e Die Another Day entre outras. Foi considerado o primeiro coreógrafo de Hollywood na loita con espada,[1] e durante a súa carreira adestrou moitos actores na arte de armas, tales como Errol Flynn, Sean Connery, Antonio Banderas e Johnny Depp. Tamén apareceu como dobre nas pelexas de láser de Darth Vader en O imperio contraataca e O retorno do Jedi.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Anderson ingresou na Mariña Real e durante o seu servizo gañou varias competicións de esgrima. No decurso da segunda guerra mundial serviu no Mediterráneo.[2]

Como esgrimista de competición, representou a Gran Bretaña nos Xogos Olímpicos de 1952 en Helsinqui,[3] e nos Campionatos do Mundo de 1950 e 1953 na modalidade de sabre.[4] Na cita olímpica quedou empatado no quinto posto en sabre por equipos.

Despois do retirarse das competicións de esgrima, estudou co profesor Roger Crosnier e sucedeu a Crosnier como o presidente da British Academy of Fencing. Desde finais da década de 1950 ata a de 1970 viaxou polo Reino Unido, dando cursos de esgrima compatibilizándoos coas súas responsabilidades na televisión e no cinema. Instalado no Canadá converteuse en director técnico da Canadian Fencing Association en Ottawa.[5][6] Durante a década de 1960 e 1970 foi o presidente da British Academy of Fencing.[7]

A carreira cinematográfica de Anderson principiou en 1953 cando adestrou e fixo a coreografía de loita para Errol Flynn en The Master of Ballantrae. Durante un ensaio dunha escena feriu accidentalmente a Flynn nunha coxa, o que lle supuxo notoriedade en Hollywood como "o home que apuñalou a Errol Flynn".[1] Seguiu a traballar como un especialista e/ou coreógrafo de loita de espadas en filmes como The Guns of Navarone e en dous filmes de Bond: From Russia With Love e Casino Royale. A súa fama en Hollywood consolidouse cando Stanley Kubrick o elixiu en 1974 para actuar como o mestre de armas para Barry Lyndon.

Anderson por conseguinte participou nos tres primeiros filmes do Star Wars orixinal. Anderson non recibiu ao primeiro moito recoñecemento polo seu traballo, en parte porque o director George Lucas non quería danar o pulo que dera a carreira do actor. Nunha entrevista de 1983, malia todo, Mark Hamill rendeu homenaxe á contribución de Anderson ao recoñecer que Bob Anderson fora a persoa que realmente fixera as pelexas de Vader."[5]

Anderson seguiu a traballar no cinema durante os seguintes trinta anos, e foi mestre de armas en moitos filmes, entre os que se inclúen Highlander, A princesa prometida, The Three Musketeers, The Mask of Zorro, Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl e a triloxía The Lord of the Rings. Pouco antes da súa morte estaba a traballar en The Hobbit. Tiña a reputación de ser un perfeccionista, dándolle o director Martin Campbell o alcume de "Grumpy Bob".[1] Anderson foi un dos entrevistados para o documental sobre a loita de espadas no cinema, Reclaiming the Blade (2009)."[6]

Anderson morreu no Aninovo de 2012 nun hospital de West Sussex á idade de 89.[8]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Asesor, adestrador e coreógrafo[editar | editar a fonte]

Especialista, dobre[editar | editar a fonte]

Actor, extra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 T. Rees Shapiro (2 de xaneiro de 2012). "Bob Anderson, fencing master and coach to Hollywood actors, dies at 89". The Washington Post. Consultado o 3 de xaneiro de 2012. 
  2. Darth Vader stand-in Bob Anderson dies espn.com, 2 January 2012
  3. "Bob Anderson Olympic Results". sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2012. Consultado o 27 June 2010. 
  4. "British Darth Vader fighter dies aged 89". BBC News. 2 January 2012. Consultado o 2 January 2012. 
  5. 5,0 5,1 "Movie sword-fight master Bob Anderson dies". CBS News. 2 January 2012. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2 January 2012. 
  6. 6,0 6,1 "He lived by the sword". The Ottawa Citizen. 2 January 2012. Consultado o 2 January 2012. [Ligazón morta]
  7. Weber, Bruce (2 January 2012). "Bob Anderson, Sword Master, Dies at 89". New York Times. Consultado o 2 January 2012. 
  8. "Bond sword master Bob Anderson dies aged 89". mi6-hq.com. Consultado o 2 January 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Wallechinsky, David (1984). "Fencing: Sabre, Team". In The complete Book of the Olympics: 1896 - 1980. Nova York: Penguin Books. p. 264.