Errol Flynn
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Errol Leslie Thomson Flynn 20 de xuño de 1909 Battery Point |
| Morte | 14 de outubro de 1959 Vancouver |
| Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
| Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
| Residencia | Northampton (1933–1934) Barnes (en) Hobart Os Ánxeles Papúa-Nova Guinea Sydney Port Antonio (pt) |
| Educación | SHORE – Sydney Church of England Grammar School (en) The Hutchins School (en) |
| Altura | 186 cm |
| Actividade | |
| Ocupación | actor, director de cinema, escritor, actor de cinema, actor de xénero, guionista, realizador |
| Período de actividade | 1932 |
| Empregador | Warner Bros. |
| Xénero artístico | Filme de acción, cinema dramático, filme de fantasía, cinema negro, filme de misterio, cinema de aventuras, cine western e cinema bélico |
| Familia | |
| Cónxuxe | Patrice Wymore (1950–1959) Nora Eddington (1943–1949) Lili Damita (1935–1942) |
| Parella | Beverly Aadland |
| Fillos | Rory Flynn ( Sean Flynn ( |
| Pai | Theodore Thomson Flynn |
| Premios | |
Errol Leslie Thomson Flynn, nado en Hobart, Tasmania (Australia) o 20 de xuño de 1909 e finado o 14 de outubro de 1959, foi un actor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo do oceanógrafo, biólogo e botánico, Theodore Thomson Flynn. Dende rapaz, Errol mostrou unha personalidade hiperactiva, indisciplinada, moi impulsiva e aventureira. Foi matriculado nun prestixioso estabelecemento en Londres, o Eton College, e rematou en París, tras ser expulsado por indisciplinado da férrea institución británica onde cursaba os seus estudos.
Errol dedicouse entón ao deporte, decantándose decontado polo boxeo, e mesmo recibiu a oportunidade de representar o seu país, Australia, nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdan. Porén, o mozo Flynn, inimigo da disciplina e do estrutural non aceptou a convocatoria e dedicouse a viaxar polos cinco continentes e a exercer os máis diversos oficios.
En América, foi atraído polo teatro de entre todas as opcións artísticas que barallou. Así, comezou a actuar en varias obras até que foi descuberto por un cazatalentos da Warner Bros. Os seus atributos físicos de sobra e unha personalidade histriónica e desbordante, contribuíron a que acadase os seus primeiros papeis. Debutou co título Capitán Blood (1935), pero a sona chegoulle coa interpretación de Robin Hood en As aventuras de Robin Hood. A consagración cinematográfica chegaríalle posteriormente con diversos papeis de galán.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Errol Flynn |