Binormativismo
O binormativismo é unha proposta para establecer dúas normas ortográficas plenamente válidas e oficiais para o galego que os seus impulsores afirman tomar da existencia de dúas formas oficiais para o noruegués.
Noruegués, lingua con dúas formas oficiais
[editar | editar a fonte]Existen dúas normas consideradas formas da mesma lingua norueguesa: a bokmål, máis próxima á lingua dinamarquesa, e a nynorsk, elaborada a partir dos dialectos occidentais do país.
Proposta para a lingua galega
[editar | editar a fonte]A Lei de normalización lingüística, na súa disposición adicional, marca que Nas cuestións relativas á normativa, actualización e uso correcto da lingua galega, estimarase como criterio de autoridade o establecido pola Real Academia Galega. e, xa que logo, é a norma elaborada pola Real Academia Galega a normativa oficial da lingua galega.
Da outra banda, existen varios colectivos do movemento chamado reintegracionismo, que promoven a converxencia ortográfica entre o galego e o portugués. Entre elas destaca a Associaçom Galega da Língua, que promove a súa propia norma ortográfica desde 1981; e a Academia Galega da Língua Portuguesa, observador consultivo da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.
Por causa disto, existen hoxe en día dúas normas contrapostas, a normativa oficial do galego e a normativa reintegracionista do galego, sen carácter oficial. Para intentar superar este conflito normativo, a AGAL lanzou unha proposta coñecida como binormativismo que asumiu como eixo programático en 2018.[1] Así e todo, dentro do movemento reintegracionista a súa aceptación non foi xeral[2][3]. Desde entón foron varias as persoas que teñen manifestado a súa opinión, ben a favor, ben en contra da proposta. En 2019 Víctor Freixanes, director da RAG nesa altura e falando desde o ámbito persoal, non o apoiaba[4][5] e o escritor Francisco Castro, tampouco.[6]. Pola súa parte, mostráronse favorábeis o filólogo Xosé Ramón Freixeiro Mato,[7] a escritora Marica Campo,[8] o filólogo e escritor Carlos Callón[9] e o escritor Vítor Vaqueiro.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O reintegracionismo muda a estratexia e aposta polo binormativismo". Praza Pública. 4 de decembro de 2018. Consultado o 5 de decembro de 2018.
- ↑ Maurício Castro (6 de maio de 2018). "Binormativismo: tentativa de resposta a um problema que nom se colocou". Nós Diario.
- ↑ Carlos Garrido (11 de xuño de 2020). "Aspetos essenciais do reintegracionismo escamoteados no discurso público". Nós Diario.
- ↑ F. Freixanes, Víctor (17 de marzo de 2019). “Os países serios teñen unha soa ortografía. Podemos discutila, modificala... mais hai só unha ortografía”. Sermos Galiza. Entrevista con M. Obelleiro. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2019.
- ↑ Eduardo Maragoto (18 de marzo de 2019). "Freixanes e o binormativismo: mais discrepâncias de forma que de fundo". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2019.
- ↑ "Aceptar dúas normas oficiais para a lingua galega? Por que non podo aceptar o Binormativismo". Blog persoal. 18 de maio de 2019. Consultado o 20 de maio de 2019.
- ↑ Freixeiro Mato, Xosé Ramón. "Carvalho Calero e o binormativismo". Portal Galego da Língua. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ Campo, Marica. "Amar é un verbo". El Progreso. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ Callón, Carlos. "Un dos motivos polos que debería haber binormativismo é porque, na verdade, a cultura galega xa se expresa en dúas normas.". Twitter. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ Vaqueiro, Vítor. "Lidando no binormativismo". Sermos Galiza (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2019. Consultado o 21 de xuño de 201.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- É possível umha política binormativista na Galiza? Artigo de Eduardo Maragoto na páxina de A.gal.
- "Entrevista a Víctor Freixanes". Sermos Galiza. 22/4/2018. Arquivado dende o orixinal o 05/12/2018. Consultado o 05/12/2018.
A ver, todas as linguas do mundo teñen unha soa ortografía