Conversa:Binormativismo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O luxemburgués non se escribe oficialmente coa norma do alemán nin o alemán coa norma do luxemburgués polo que non entendo que clase de binomartivismo é o caso do luxemburgués. Se consideramos o luxemburgués como variedade do alemán nese caso habería centos de casos de variedades que contan coa súa propia norma, sen ir máis lonxe o aranés ou o mirandés que teñen norma propia malia considerarse variedades de occitano e leonés. Pero iso non é o binormativismo segundo a definición do artigo. Cales son as fontes para considerar o luxemburgués un caso de binomartivismo? A AGAL?--HacheDous=0 (conversa) 20 de xaneiro de 2020 ás 23:00 (UTC)[responder]

Se o binormativismo é a convivencia de dúas normas ortográficas que son consideradas formas válidas e oficiais da mesma lingua que fai o galego no artigo, e procurando o noruegués só se fala de binormativismo no noruegués en textos (basicamente de divulgación) galegos onde se toma como modelo para unha proposta denominada de binormativismo para o galego; basicamente non hai nada que empregue o termo binormativismo para se referir ao noruegués que non fale do galego. O noruegués ten dúas normas oficiais (e algunha máis non oficial) pero é a mesma institución o Språkrådet a que establece as normas das dúas formas oficiais de noruegués. Curiosamente, a Academia Norueguesa era a que regulaba o uso dunha norma non oficial, o riksmål (o moderno, non o do século XIX) ata que unha reforma de 2005 practicante unificou ese riksmål coa norma oficial do bokmål. --HacheDous=0 (conversa) 9 de xaneiro de 2021 ás 22:00 (UTC)[responder]
En definitiva, tal como se desprende dos textos que aparecen como referencia no artigo, o binormativismo é unha proposta para a lingua galega, e como tal ten que figurar no artigo.--HacheDous=0 (conversa) 9 de xaneiro de 2021 ás 22:30 (UTC)[responder]