Independencia de Colombia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Boyacá.

A Independencia de Colombia foi o proceso histórico que permitiu a emancipación de Colombia do Imperio Español, dando fin ó período colonial. Devandito proceso librouse no medio dun conflito desenvolvido durante o primeiro cuarto do século XIX para emancipar o territorio que daquela era coñecido como Provincias Unidas de Nova Granada. Esta foi parte das guerras de independencia hispanoamericanas, unha serie de loitas xurdidas en América Latina motivadas pola invasión francesa de España en 1808, a cal foi parte das guerras napoleónicas en Europa.

Os movementos da independencia comezan cunha serie de feitos liderados por Antonio Nariño e Camilo Torres Tenorio. A primeira fase da guerra, de 1810 a 1819, caracterizouse por constantes loitas internas entre os defensores da independencia. En 1811, as provincias de Nova Granada conformáronse nun novo Estado independente, consistente nunha confederación débil daquelas provincias que se declararon independentes en 1810. En 1816, os españois gañaron de novo o control do país, co cal instala o chamado réxime do terror, aínda que durante este período varios grupos republicanos mantivéronse activos, exercendo un poder efectivo nos Llanos, principalmente na Güiana venezolana e no Casanare.[1]

En 1819, un exército republicano comandado por Simón Bolívar cruza as montañas que separan as provincias de Casanare e Tunja e tras as batallas de Paya, Pantano de Vargas e Ponte de Boyacá ten vía libre para tomar o control de Santa Fe, cidade á que chega o 10 de agosto de 1819.

O territorio ocupado polo vicerreinado de Nova Granada converteuse nunha República Federal, logo coñecida como a Gran Colombia en honra ó navegante Cristovo Colón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Regimen del Terror Consultado o 5 de febreiro de 2009