Maracaibo
Coordenadas: 10°39′N 71°38′O / 10.650, -71.633
Maracaibo | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Centro da cidade | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Estado | Zulia | ||
Concello | Maracaibo | ||
Xeografía | |||
Altitude | 6 msnm | ||
Superficie | 1.393 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 2 108 404 hab. (2010) | ||
Densidade | 6.981,64 hab/km² | ||
Xentilicio | Marabino(a) Maracucho(a) | ||
Outros datos | |||
Código postal | 4001, 4002, 4003, 4004, 4005 | ||
Alcalde | Eveling Trejo de Rosales (UNT) | ||
Páxina oficial |
A cidade de Maracaibo é a capital do Estado do Zulia, en Venezuela, e mais do Municipio Maracaibo. É alcumada "Tierra del Sol Amada".[1]
Xeografía[editar | editar a fonte]
- Véxase tamén: Lago de Maracaibo, Coquivacoa e Relampo do Catatumbo.
Clima[editar | editar a fonte]
Maracaibo é unha das cidades máis quentes de Venezuela e de toda América do Sur, de clima entre semiárido (Köppen: BSh) e de sabana tropical (Köppen: Aw) atenuado pola influencia moderadora do lago de Maracaibo; A temperatura histórica media de Maracaibo é de 29 °C (84,2 °F). No pasado, o clima da cidade, de feito en toda a costa do lago de Maracaibo, era insalubre debido á combinación de altas temperaturas e alta humidade. Hoxe, o control das pragas e os efectos do desenvolvemento urbano erradicaron en boa medida eses problemas.
Poboación[editar | editar a fonte]
Posúe unha poboación aproximada de algo máis de dous millóns e medio de habitantes, converténdose así na segunda cidade con máis poboación de toda Venezuela e a cidade máis extensa do país.
Situación[editar | editar a fonte]
Situada no occidente do territorio venezolano, en terreos de orixe aluvial, dentro da depresión do lago de Maracaibo na beira noroeste deste.
Historia[editar | editar a fonte]
Idade Moderna[editar | editar a fonte]
A cidade foi fundada por primeira vez en 1529 polo conquistador alemán Ambrosius Einger como Neu Nürnberg ("novo Nürnberg") na colonia de Klein-Wenedig, pero pronto foi abandonada.
Foi refundada o 20 de xaneiro de 1571 polo capitán Alonso Pacheco co nome de Nueva Zamora, despois de tres anos de guerras cos indios Sáparas, Kyrikiris, Alliles e Toas locais.
Até o século XVII foi un importante porto colonial, tras varios ataques piratas perdeu a súa importancia.
Idade Contemporánea[editar | editar a fonte]
Despois do descubrimento dos campos petrolíferos en 1917, a cidade comezou a desenvolverse activamente.
Cultura[editar | editar a fonte]
Unha das manifestacións culturais típicas de Maracaibo é a gaita zuliana.
Ensino superior[editar | editar a fonte]
En Maracaibo hai diversas universidades, sendo as principais a Universidade do Zulia - (LUZ, fundada en 1891) e a Universidade Rafael Urdaneta (fundada en 1973).
Ademais están radicadas en Maracaibo a Universidad Nacional Experimental de la Fuerza Armada UNEFA, Universidad Rafael Belloso Chacín - (URBE), Universidad Católica Cecilio Acosta, Universidad Dr. José Gregorio Hernández, Universidade Bolivariana de Venezuela sede Zulia e a Universidade Nacional Aberta (UNA).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Conoce la tierra del sol amada que es Maracaibo". Venezolanos Ilustres (en castelán). 2021-09-01. Consultado o 2022-05-18.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maracaibo ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Turismo de Maracaibo.
- Alianza Francesa de Maracaibo.
- Información sobre o centro histórico da cidade.----
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|