Barcelona Bus Turístic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bus Turístico xunto á Casa Milà.

O Barcelona Bus Turístic é un servizo de autobuses turísticos da cidade de Barcelona, que dispón de 3 rutas e unha frota de 74 autobuses. Está xestionado polo consorcio de Turisme de Barcelona e TMB.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A historia do bus turístico en Barcelona iníciase durante a década de 1920 cando a empresa de autobuses Roca e dúas compañías máis presentan proxectos para crear un bus turístico. Non é ata 1929, con motivo da Exposición Internacional celebrada na cidade, que a Companyia General d'Autobusos (CGA) e o Patronat Nacional de Turisme crean dúas liñas de autobuses turísticos con orixe en Barcelona. Unha chamábase Circuíto Interior e a outra Gran Circuíto de Luxo e funcionaron durante todo o ano da exposición. Despois os autobuses destas liñas destináronse á liña Barcelona-Mollet del Vallès, actualmente explotada por Sagalés.

O 25 de xuño de 1987 xurdiu de novo, 58 anos despois, baixo o nome de "liña 100 Descobrim Barcelona", só na época estival. As primeiras circulacións foron con dous autobuses Pegaso Monotral 6038, 6226 e 6042, equipados con aire acondicionado.

En 1992 nace a marca actual, Barcelona Bus Turístic. Progresivamente vai aumentando o número de pasaxeiros e a frota de autobuses, que dende 1996 incorpora vehículos de dous pisos.

En 1997, cando o Bus Turístico cumpría 10 anos, apareceron moitas novidades: o 22 de marzo cambiou de imaxe con novos autobuses e creouse o billete que servía para dous días. Un ano máis tarde, en 1998, abriuse unha segunda liña, a 101. Dende entón houbo dúas liñas: a L100 ou Sur, e a L101 ou Norte. Pouco despois, no ano 2000, o período de servizo alongouse a todo o ano.

En 2002, para conmemorar o Ano Gaudí, o Barcelona Bus Turístic adoptou o nome de Bus Gaudí.

En 2004, con motivo do Fórum Universal das Culturas, creouse unha nova liña, a ruta verde, que progresivamente foise consolidando ata a actualidade. En 2012, por exemplo, funcionou entre o 30 de marzo e o 4 de novembro.

En 2007 incorporouse unha audioguía a bordo para os usuarios, dispoñible en 10 idiomas: catalán, castelán, inglés, francés, italiano, portugués, alemán, ruso, xaponés e chinés. Actualmente está dispoñible en 16 idiomas.

Rutas[editar | editar a fonte]

Usuarios[editar | editar a fonte]

Evolución dos usuarios[2][3]

1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996
11.357 10.223 21.832 23.759 66.016 86.145 101.400 123.800 131.600 193.467
1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006
429.628 452.232 553.508 873.611 983.302 1.150.621 1.258.490 1.474.954 1.654.145 1.881.125
2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016
2.181.599 2.076.785 1.913.419 1.925.226 2.125.960

Bus turístico nocturno[editar | editar a fonte]

Dende 2007 durante o período de verán, Barcelona Bus Turístic ofrece un servizo de Bus Turístico nocturno que funciona os venres, sábados e domingos ata mediados de setembro. Ten un percorrido específico, e durante dúas horas e media pasa pola plaça de Catalunya, a Torre Agbar, o Teatre Nacional de Catalunya, a Sagrada Familia, o passeig Colom, o Poble Espanyol e a plaça d'Espanya, ademais de parar na Fonte Máxica de Montjuïc para asistir ao espectáculo de música e luz.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Barcelona Bus Turístic". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2013. Consultado o 15 de xuño de 2013. 
  2. Fonte: Transports Metropolitans de Barcelona
  3. Gutiérrez, Thaïs (16/07/2012). Diari Ara, ed. "21,7 millóns de persoas utilizaron o Bus Turístic en 25 anos". ISSN 2014-010X. Consultado o xuño de 2013. 
  4. 324.cat (ed.). "Barcelona pon en marcha por sétimo ano o servizo de bus turístico nocturno". Consultado o 14 de xuño de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]