Banys de l'Almirall
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Banys de l'Almirall | |
---|---|
![]() | |
Coordenadas | 39°28′29.89″N 0°22′24.46″O / 39.4749694, -0.3734611Coordenadas: 39°28′29.89″N 0°22′24.46″O / 39.4749694, -0.3734611 |
País | ![]() |
Cidade | Valencia |
Construción | Século XIII |
Na rede | |
http://www.banysdelalmirall.org | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Os Banys de l'Almirall (en galego: Baños do Almirante) é un edificio que se sitúa xunto co Pazo do Almirante de Aragón, no barrio da Xerea, dentro da Ciutat Vella de Valencia, de arquitectura islámica, construído no século XIII e utilizado até o XX.
Historia[editar | editar a fonte]
Aínda que son do século XIV, época de dominación cristiá, foron construídos seguindo o estilo e a tipoloxía da arquitectura islámica, e son a mellor e case única mostra deste tipo de arquitectura na cidade de Valencia, onde todo foi arrasado coa chegada dos cristiáns.
A Valencia onde entraron os primeiros ocupantes cristiáns en 1238 era unha cidade moi ben provista de estabelecementos balnearios. O total de baños existentes naquel momento podía achegarse aos vinte e cinco, cunha poboación duns 15 000 habitantes. Así e todo, non serían máis de cinco os baños que sobreviviron aos anos inmediatamente posteriores á conquista. É preciso agardar ao reinado de Jaume II (1291-1327) para a creación de novos estabelecementos balnearios.
Foi entón cando se construíron os baños de l’Almirall. O construtor do conxunto de edificios, formado por un pazo, un forno, o baño e, probablemente, outros inmóbeis de carácter veciñal, foi o cabaleiro e xurista Pere de Vila-rasa. As obras considéranse acabadas en 1320.
O hammâm, ou baño de vapor árabe, era da forma usual adoptada polos baños públicos nos reinos hispánicos medievais, e non só nos de tradición islámica, senón tamén en cidades que non formaron parte de Al-Andalus, como era Xirona. Así pois, aínda que segue a tradición dos baños de vapor árabes, os de l’Almirall foron construídos en época cristiá. É preciso dicir que estes son os baños públicos da cidade de Valencia que máis tempo estiveron abertos (case ininterrompidamente dende o século XIV até o XX).
O Baño de l’Almirall é un edificio de baños de carácter humilde que serve para coñecer como funcionaba a vida cotiá das clases menos favorecidas da cidade de Valencia. Desenvolvíase unha sociabilidade entre as mulleres e entre os homes, sexos que se xuntaban en días ou horarios distintos. O baño constituía un exercicio de hixiene práctica e permite coñecer as relacións sociais de cada unha das épocas.
O edificio consta de tres cámaras: a sala fría, a morna e a quente.
Sala fría[editar | editar a fonte]
A sala freda é rectangular, cuberta con bóveda de canón, e con dez lucernas estreladas. Era a primeira sala, á cal se accedía dende o vestíbulo, que daba á rúa. Era unha estancia de tránsito que dispoñía de latrinas e dun espazo para alzar os utensilios do baño. Tamén había unha pía de auga fría para que os bañistas a mesturaran coa auga quente.
Sala morna[editar | editar a fonte]
Da fría accedíase á sala tèbia, onde a xente pasaba a maior parte do tempo. Esta sala, a máis bela do conxunto, é a dependencia de maiores dimensións. De planta rectangular está dividida en tres tramos mediante tres arcos que baixan en dúas columnas. O espazo central está cuberto por unha cúpula octogonal sobre trompas, e na cúpula ábrense lucernas estreladas. Os espazos laterais son rectangulares e están cubertos con bóveda de canón perforadas con lucernas estreladas.
Sala quente[editar | editar a fonte]
Dende a sala morna éntrase á sala calenta, que ao igual que a fría, é de planta rectangular cuberta con bóveda de canón e con seis aberturas estreladas. Na boca da sala quente hai unha abertura que permite coller auga en ebulición; o aire quente producido polo lume da caldeira expandíase a través dun hipocausto ou cámara de pouca alzada, baixo a terra da sala, e despois ascendía polo interior dos muros que limitan coa sala morna a través dunhas chemineas denominades escalfadors. A sala quente é a que definía o baño de vapor. Como o pavimento estaba moi quente, a xente verquía cubos de auga continuamente e xeraba vapor. Despois de pasar uns minutos nesta sala, os bañistas ían á sala morna para as masaxes e para charlar.
Outras dependencias[editar | editar a fonte]
A fábrica é de muros sólidos e moi grosos para resistir a humidade e manter a calor, sen máis aberturas que as das miúdas portas de tránsito e as pequenas lucernas estreladas abertas e tapadas con vidros de cores. Habitualmente a este conxunto, o baño propiamente dito, engadíase unha sala con funcións de vestíbulo ou lugar de repouso, ademais dos locais de servizo, como a sala da caldeira e o depósito de leña.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Banys de l'Almirall |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
"Baños del Almirante". Consorci de Museus de la Comunitat Valenciana (en castelán).