Ciutat Vella de Valencia
| Ciutat Vella (ca) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
| Provincia | provincia de Valencia | ||||
| Comarca da Comunidade Valenciana | Comarca de València | ||||
| Concello | Valencia | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 27.983 (2022) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 1,69 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
Cronoloxía 711: Balansiya (en) 1238: Siege of Valencia (en) 1707: Decretos de Nova Planta dos reinos de Aragón e Valencia 1979: Distritos de Valencia 138 a. C.: Valentia Edetanorum | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 46001, 46002 e 46003 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Sitio web | valencia.es… | ||||
Ciutat Vella (en galego: Cidade Vella) é o nome que recibe o distrito número 1 da cidade de Valencia. Está delimitado pola muralla do século XIV, é dicir, as rúas de Colom, Xàtiva, Guillem de Castro, a marxe dereita do río Turia dende esta rúa á de Justícia, a Porta de la Mar e de novo Colom.
Localización e distribución
[editar | editar a fonte]Limita co Eixample polo suroeste, Extramurs polo sueste, la Saïdia polo norte, e o Pla del Real polo leste. Conta en 2007 con 25.368 habitantes, distribuídos en seis barrios:
- la Seu (2.789)
- la Xerea (3.839)
- el Carme (6.074)
- el Pilar (3.912)
- el Mercat (3.266)
- Sant Francesc (5.488)
Elementos destacados
[editar | editar a fonte]Na Ciutat Vella atópanse os principais equipamentos da cidade dende tódolos puntos de vista:
- Administrativos: o Concello, o Palau da Generalitat, as Cortes Valencianas, moitas consellarías ou Deputación.
- Financeiros: a Bolsa de Valencia (Palacio dos Boïl-Arenós) e sedes ou sucursais principais de entidades bancarias (especialmente arredor da rúa Pintor Sorolla e das Barques, que sería o Central Business District da cidade).
- Comerciais: o Mercado Central, o mercado de Mossén Sorell, grandes almacéns.
- Culturais e museísticos: IVAM, MUVIM, Museo de Cerámica, a biblioteca da Universitat de València, o Museo do Século XIX, o Centro Cultural de Beneficiència, Centro Cultural de l'Octubre (OCCC), o Museo de Belas Artes (este atópase diante mesmo da cidade vella, relativamente preto das Torres de Serrans).
- Relixiosos: a Catedral, a igrexa de Sant Joan de l'Hospital, a igrexa de Santa Caterina, a igrexa de Sant Joan del Mercat, a Basílica da Mare de Déu dels Desemparats etc.
- Históricos: Llotja de la Seda, Torres de Serrans, Torres de Quart, Portal de la Valldigna, palacios privados da cidade.
Poboación
[editar | editar a fonte]A poboación da Ciutat Vella segundo o INE a 1 de xaneiro de 2007 era de 25.368 habitantes. En 1981 había 35.415, feito que mostra a forte perda de poboación deste distrito nos últimos anos. Con todo, grazas á rehabilitación do distrito que se está levando a cabo, a partir de 2003 deixou de perder poboación, e de feito gañouna lixeiramente, pasando de 25.075 habitantes en 2003 a 25.184 en 2005 e a 25.368 en 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ciutat Vella de Valencia |
