Micalet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Torre da catedral de Valencia, chamada popularmente o Micalet.

O Micalet, ou Miquelet, é o nome que recibe popularmente o campanario de 58’80 metros da Catedral de Valencia, e é un dos principais símbolos da cidade de Valencia. O seu nome é un diminutivo do da campá principal, Miquel, que coa fonética local derivou a Micalet, nome co que verdadeiramente é coñecida a torre. Durante moitos séculos foi chamado Campanar Nou (Campanario Novo) ou Campanar de la Catedral, para diferencialo do Campanar Vell (Campanario Vello), unha torre de planta cadrada e de factura románica, situada na rúa da Barcella.

Historia[editar | editar a fonte]

Unha placa colocada na base da torre fálanos da súas orixes:

"Aquest campanar fonch comensat en l'any de la Nativitat de Nostre Senyor Déu Jesuchrist MCCCLXXXI, reynant en Aragó lo molt alt senyor rey en Pere. Estant de bisbe en València lo molt alt en Jaume, fill del alt infant en Pere e cosin germà del dit rey".

Iniciou a obra o mestre picapedreiro Andreu Julià, até que en 1396 un tremor interrompeu as obras, aínda no primeiro corpo da torre. En 1402 dirixiu a obra Josep Franch, mestre de obras da Catedral, e en 1414 encárgase Pere Balaguer, construtor tamén das Torres de Serrans na mesma cidade. En 1425 dáse por rematada a construción faltando o remate final, que nunca chegaría a construírse, unha agulla proxecto de Antoni Dalmau. No seu lugar faríase unha estrutura de madeira que suxeitaba a campá das horas, substituída entre 1660 e 1736 por unha espadana de pedra que é a que permanece hoxe. Tiña unha elegante crista calada que lle servía de coroa, que foi arrasada no século XVIII, sendo substituída primeiro por unha varanda de madeira e no século XIX por unha varanda metálica até a restauración de 1983, realizada sen respecto as testemuñas arqueolóxicas conservadas até aquel momento na mesma terraza e que agora están expostas na Casa del Campaner.

Torre-campanario do Micalet.
Detalle do Micalet.

Características e funcións[editar | editar a fonte]

Inicialmente era una torre exenta, unida á Catedral a finais do século XV ao prolongarse a nave central. Ten acceso por unha porta angular e un paso cuberto con curiosas voltas nervadas. A torre do Micalet é de estilo gótico catalán, cunha decoración sobria, basicamente os prismáticos contrafortes das arestas e as delgadas molduras que sinalan os diferentes niveis dos pisos. Ten forma de prisma octogonal, cun perímetro e unha altura iguais: 58’80 metros. Hai no seu interior unha escaleira helicoidal de caracol con 207 escalóns de pedra, dende onde se accede ao interior dos diferentes pisos e a terraza superior. No primeiro piso o corpo é macizo excepto o lugar da escaleira. No segundo corpo atopamos a antiga "Prisión" ou Asilo da Catedral, de planta octogonal. No terceiro corpo hai unha sala semellante, pero máis grandes, coñecida como a Casa do Campanario, e o carto e último corpo a Sala das campás, con sete fiestras dende onde colgan as 11 campás. Finalmente, dende a terraza, onde atopamos a campá das horas e a dos cartos, pódese ver unha magnífica perspectiva da cidade de Valencia, sobre todo do centro histórico.

As campás do Micalet ordenaron a vida civil e relixiosa da cidade dende o século XV até preto do XX, mais historicamente a torre serviu para máis cousas que como un sinxelo campanario. O segundo andar era o lugar onde se acollían aos refuxiados da Catedral, e dende ela facíanse as fumaredas, que coas numerosas torres que había ao longo da costa valenciana avisábase do perigo de piratas e turcos. No século XIX avisaba da entrada e saída de naves do porto de Valencia, e dende sempre ás súas vistas impresionaron aos visitantes da cidade, deixando constancia en algúns escritos, como Victor Hugo, ou a descrición que en 1792 facía o botánico Antoni Josep Cavanilles da horta de Valencia vista dende o alto da torre.

O Micalet dende a rúa da Corretgeria
O Micalet dende a Porta de Quart
O Micalet dende a Praza da Raíña

As Campás[editar | editar a fonte]

O Miquel é a campá principal, que da nome á torre. É a que da as horas, vaise fundir en 1532, e pesa 10.997 quilogramos, a máis grande aínda en uso de toda a Coroa de Aragón. O Sant Vicent Ferrer é a campá dos cuartos, pesa 724 kg e é de 1736. Ambalas dúas son á espadana do campanario.

Xa na Sala de Campanes atopamos once dende o primeiro momento da construción do edificio. En tempos medievais falaban de els cinc senys i les sis morlanes; en tempos máis recentes de les cinc grans i els sis tiples. Estas son as utilizadas para as diversas sinais diarias, festivos, de morte e extraordinarias. Para os repiques, porén, é costume antiga utilizar só as cinco grandes. A máis antiga é a Caterina (512 kg), de 1305, até agora a máis antiga en uso de toda a Coroa de Aragón, mentres que a máis nova é a Violant (409 kg), de 1735. As outras tiples son l’Eloi (260 kg), l’Úrsula (307 kg), de 1438, a Bàrbera (767 kg), de 1681, o Pau (767 kg), de 1489 e l’Arcís (2.047 kg) de 1529. Das grandes, o Vicent (1.740 kg) é de 1569, l’Andreu (2.047 kg) de 1604, o Manuel (2.500 kg) de 1621, o Jaume (3.075 kg) de 1429 e a Maria (3.590 kg) de 1544.

É notábel o xeito peculiar de nomealas, que só coincide, nun par de casos, coas inscricións: engádeselle "o" (el) ou "a" (la) diante do nome da campá, segundo se trate dunha personaxe feminina ou masculina, sen poñerlle ningún outro adxectivo. Trátase duns dos conxuntos máis numerosos de campás góticas de todo o Estado, con dúas de maiúscula gótica (a Caterina e o Jaume) e cinco de minúscula gótica, l’Úrsula, o Pau, l’Arcís, o Vicent, l’Andreu e a Maria, as cales débese engadir o Miquel.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]