Basílica da Mare de Déu dels Desemparats
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
Basílica da Mare de Déu dels Desemparats | |
---|---|
País | España |
Localización | Ciutat Vella de Valencia |
Coordenadas | 39°28′34″N 0°22′29″O / 39.476211, -0.374817 |
Diocese | arquidiocese de Valencia |
Estilo | arquitectura do Renacemento e arquitectura barroca |
Páxina web | https://basilicadesamparados.org/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Basílica da Mare de Déu dels Desemparats (en galego, Virxe dos Desamparados) da cidade de Valencia alberga a imaxe da Virxe do mesmo nome, a máis venerada polos valencianos.
En 1652 comezou a construción da capela adecuada ao crecente culto tributado á imaxe da confraría da "Nostra Dóna Sancta Maria dels Ignocents" (Nosa Señora Santa María dos Inocentes), proxecto que foi encargado ao arquitecto de Requena Diego Martínez Ponce de Urrana. Acabouse en 1667. Foi declarada monumento Histórico-Artístico en xuño de 1981.
A Basílica da Virxe dos Desamparados ten un gran significado entre os valencianos, porque nela se atopa a imaxe desta Virxe, que é a patroa da cidade, coñecida afectuosamente como a "geperudeta" (a enchepadiña), polo feito de estar lixeiramente inclinada cara a adiante, o que foi interpretado por algúns coma sinal de que a imaxe pertence a unha estatua xacente. A Virxe dos Desamparados é protagonista dun dos actos máis importantes da festa das fallas: a Ofrenda floral á Virxe.
Situación
[editar | editar a fonte]A basílica da Virxe dos Desamparados está situada na zona de maior cota da cidade de Valencia, configurando así, xunto coa catedral, un dos enclaves máis significativos do centro histórico da cidade. Concretamente, atópase situada na Praza da Virxe, fronte á Font de l'Aigua da Quenlla, no centro da cal se sitúa o deus Neptuno e sete canles ao redor.
Dúas das súas portas dan a esta praza, e unha terceira dá á pasaxe que separa a basílica da Catedral, unidas ambas por un arco superior. Nesta terceira porta hai un portelo enreixado a través do cal pode contemplarse o interior cando a basílica se atopa pechada e pode contemplarse a Virxe iluminada. Escavacións realizadas na Almoina indícannos que a zona onde está situada a Basílica se corresponde co foro romano da cidade de Valencia. De feito, diversos perpiaños da fachada principal da Basílica son lápidas con inscricións da época romana.
A imaxe
[editar | editar a fonte]A orixe da imaxe da Mare de Déu dels Desemparats está unida á fundación do Hospital de "Santa Maria dels Ignocents" en 1409 e á súa confraría cinco anos despois. Até o ano 1489 a imaxe e a súa confraría tiñan no seu centro nunha pequena capela coñecida como "El Capitulet", instalada nos actuais Xardíns do Hospital Xeral (hoxe biblioteca pública, rúa de l’Hospital coa rúa de Guillem de Castro). En 1489 a imaxe foi trasladada a unha das capelas situadas na Catedral, concretamente ao espazo coñecido coma o Balcó dels Canonges, Llotja dels Canonges, Obra Nova ou Arcada Nova, diante mesmo da actual basílica; concretamente diante dunha das súas tres portas (a que non mira á praza da Mare de Déu), nunha capela que hoxe alberga unha imaxe de San Vicent Ferrer, de factura moderna. Como curiosidade, xusto á esquerda desta capela hai unha capeliña, protexida por unha reixa, onde se di que Xaime I realizou a primeira misa despois de que conquistara a cidade en 1238.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Basílica da Mare de Déu dels Desemparats |