Plaça de la Mare de Déu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 39°28′35″N 0°22′31″O / 39.476364, -0.375292

Vista da Praza dende o Micalet.

A plaça de la Mare de Déu, plaça de la Verge ou plaça de la Seu (como se chamaba antigamente) é a praza máis singular da cidade de Valencia polo seu simbolismo. Foi o foro en tempos da Valentia romana; a praza da catedral na Valentia visigoda; a praza da mesquita maior en tempos da Balansiya musulmá, e a praza da Seu ou catedral na Valencia cristiá. Hoxe en día continua sendo o centro espiritual e administrativo máis importante da cidade e do País Valenciano e alberga tres dos principais monumentos da cidade:

Até o século XIX tamén albergaba o Ajuntament ou Casa da Cidade, até que foi trasladada á súa actual situación na plaça de l'Ajuntament.

Descrición[editar | editar a fonte]

Ten unha forma irregular, co Palau da Generalitat ao oeste, a Basílica ao leste e a Catedral ao sur. A praza está totalmente libre de tránsito, e o centro da mesma atópase uns centímetros máis baixo que arredores, habendo entre os dous niveis chanzos. En medio hai unha grande fonte, e ao abrigo da Catedral hai unha praciña pechada a tres bandas con saíntes, dende a cal se pode observar o resto da praza. Na outra beira hai un pequeno xardín de laranxeiras diante do Palau de la Generalitat.

Fallas[editar | editar a fonte]

Durante as Fallas este é o lugar escollido para facer a ofrenda, en que procesións de falleiras cobren con flores un cadafalso xigante de madeira, en forma de Virxe. Entre a Basílica e un edificio na outra beira da praza disponse dun gran tendal azul e branco para cubrir á Virxe de posíbeis choivas. Arredor da fonte, déixanse aínda máis flores e tamén unha especie de presebe feito por cada falla.

Nomes[editar | editar a fonte]

Durante a Segunda República (1936-1939) chamábaselle Plaça Vinatea.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tmaén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]