Palau de Justícia de Valencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palau de Justícia de Valencia
O Palau de Justícia é un dos edificios máis sobresaíntes da etapa borbónica (1758-1802), impulsado por Carlos III, en tempos de prosperidade económica
Coordenadas39°28′19″N 0°22′11″O / 39.47197222, -0.36975833Coordenadas: 39°28′19″N 0°22′11″O / 39.47197222, -0.36975833
editar datos en Wikidata ]

O Palau de Justícia de València (en galego Pazo de Xustiza de Valencia) é unha das mellores mostras de arquitectura neoclásica da Cap i Casal. Destaca pola súa robusta grandiosidade, as súas liñas correctas e o seu magnífico rematade estatuario. Hoxe é coñecido como Palau de Justícia ou Tribunal Superior de Justícia, pero foi erixido inicialmente coma alfándega de Valencia (aduana), por onde se canalizaba todo o comercio que, proveniente do mar, facía de Valencia un dos centros económicos do século XVIII. Non é casual logo, a súa situación xunto a Porta do Mar, onde segundo as crónicas, situábase no anterior da alfándega (1626). Entre 1828 e 1914 albergou a Fabrica de Tabacos.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

A construción do Pazo de Xustiza comezou en 1788, último ano do reinado de Carlos III, ao cargo de Antoni Gilabert Fornés e Tomàs Miner vaina rematar en 1802. Ocupa unha grande illa de casas rectangular e as súas fachadas están compostas por muros de ladrillo visto entre pilastras de pedra con zócolo encaixado, e balcóns con frontóns rectos e curbos que se abren no piso principal. A cornixa con balastes mostra aínda un gusto barroco. No seu interior hai unha escaleira monumental, dun puro academicismo neoclásico que lembra ás dos palacios, ábrese detrás da porta, dividindo en dous o patio.

Para a ornamentación da fachada principal foi solicitada a colaboración do coñecido escultor Ignasi Vergara, cal cal realizou en pedra de Barxeta (Costera) o monumental escudo coas armas reais de Carlos III, a esvelta figura do propio rei, e as dúas belas figures que aos pés do monarca que representan as dúas virtudes: prudencia e xustiza.

Historia[editar | editar a fonte]

Comezado a construírse no 1788, no ano 1828 as oficinas da Alfándega foron trasladadas á praza do Conde de Carlet, e en 1841 ao Grau de Valencia. Dende 1828 e até 1914 instalouse a Fabrica de Tabacos, e en 1895 houbo un grande incendio. A raíz disto, Joan Navarro Reverter conseguiu que se construíse unha nova fábrica de tabacos (1909) no antigo Palau de la Indústria da Exposició Regional de 1909.

Desaloxado, por fin, o edificio en 1910 sufriu unha serie de reformas, a cargo de Vicent Rodríguez. Na fachada vaise cambiar unha fila de antigas reixas por balcóns e no interior vanse facer salóns, refacer un vestíbulo e, sobre todo, vaise construír unha grande escaleira principal que ligaba ben coa antiga construción.

Acabada a restauración vaise trasladar a antiga Audiència de València en 1922, que dende 1751 atopábase no Palau de la Generalitat. Dende entón o edifici alberga o Palau de Justícia de València.