Plaça del Mercat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 39°28′27″N 0°22′43″O / 39.47408056, -0.37852778

A Plaça del Mercat (en galego Praza do Mercado) é unha das prazas máis singulares e coñecidas de Valencia, xa que xunta tres dos monumentos máis famosos da cidade: o Mercat Central, a Llotja de la Seda e la igrexa de Sant Joan del Mercat. Antes da construción do Mercado Central (1914-1928), a praza do Mercat facíase servir coma espazo de mercado ao aire libre para a Cap i Casal.

Plano da Praza do Mercat

Historia[editar | editar a fonte]

En tempos dos romanos o actual espazo da praza del Mercat era un dos brazos do río Turia que envolvían a cidade, fundada no ano 138 a.C. nunha illa fluvial.

En tempos dos musulmáns, a muralla (século XI) separaba a cidade (medina) da chaira do Mercat (extramuros), onde se ensanchaba o brazo morto do Turia xa desecado, só inundábel con fortes avenidas por chuvias intensas. Inmediatamente intramuros da chaira do Mercat estaba a Alcaisseria, o mercado de produtos téxtiles de luxo, como a seda. A porta de acceso á chaira do mercado chamábase Bab al-Qaisseria. Alí se atopaba unha barriada que en tempos dos cristiáns denominábase la Boatella (descampado, brazo morto do río, onde pastaban os touros).

Idade Media[editar | editar a fonte]

En tempos de Xaime I (século XIII) este rei concedeu licenza á cidade de Valencia, concretamente no 1266, para celebrar un mercado semanal o xoves nesta chaira da Boatella. Neste mesmo lugar dispuxo que se celebrase unha feira cada ano na primeira quincena de agosto, segundo consta nos Foros de Valencia: “Les fires sien feites per tostemps al loc on lo mercat és feit, e comencen e duren de les Kalendes d’agost entrò a la festa de Sancta Maria d’agost”. Desde entón, este foi o corazón comercial da cidade.

En tempo de Pere el Cerimoniós construíuse a nova muralla (1365), de xeito que a chaira do Mercado e toda a Boatella quedaban intramuros. Dende aquel intre, a chaira do Mercado, o antigo brazo morto do río, pasou a ser a explanada central da cidade, posto que quedaba xustamente no medio da nova cidade, o actual distrito da Ciutat Vella. Non é casualidade que durante os séculos XV e XVI fose aquí, en pleno centro comercial, onde se construíse a Llotja de Mercaders, coa súa Sala de Contratación, a Táboa de Cambios e Depósitos e o Consulado de Mar.

Llotja de la Seda. Escudo real no cantón da praza do Mercat coa rúa de Pere Comte.
Ligazón morta]]].

Época Moderna e Contemporánea[editar | editar a fonte]

A Praza do mercado foi coñecida dende outrora poles casas con soportais, pola concentración de tendeiros e de postos de mercado, polos espectáculos e tamén polo barullo.

Segundo Joan Francesc Mira a Praza do Mercat era, á vez que o lar máis concorrido da cidade, onde estaba o cadafalso da forca, onde se colgaban aos axustizados. Era habitual que algún colgado acompañase ou distraese as rutinas comerciais. Ademais, entre os séculos XV e XVIII organizábanse festas, xustas, torneos e corridas de touros.

Vista da Llotja dende a praza do Mercat
Igrexa de Sant Joan del Mercat

Pero tamén foi escenario de revoltas urbanas: dende as Germanies ("Irmandiños") do século XVI até as máis ou menos revolucionarias do XIX. Vicent Peris, último caudillo agermanat, foi decapitado na súa casa da rúa de Gràcia no 1522, e o seu corpo arrastrado por València, e despois levado á forca do mercado, onde o colgaron cara a abaixo sen cabeza. Tamén aí foi executada a última vítima da Santa Inquisición, o mestre Gaietà Ripoll, no 1826, por ser deísta, non ir a misa o domingo e dicir "lloat siga Déu" (loado sexa Deus) en troques de "Ave María".

Até o comezo do século XX o mercado aínda se facía a base de pastos con tendais de lona que eran desmontados ao mediodía. Durante o século XIX a praza ampliase co derrubo do convento das Magdalenes, pero fins até 1914, non se comeza a construción do edificio cuberto do Mercat Central.

O novo Mercat Central[editar | editar a fonte]

Mercat Central.

Foi a final do século XIX, co auxe das ideas hixienistas e da burguesía, cando as autoridades municipais suscitaron a necesidade de facer un mercado pechado. Este mercado debería ter grandes dimensións, xa que a praza do mercado quedárase pequena para albergar toda a actividade comercial dunha cidade en auxe demográfica coma Valencia. Foi preciso mercar e derrubar algunhas vivendas para reunir un terreo edificable duns 8.000 m2. O proxecto, de 1914, foi de Alexandre Soler March e de Francesc Guàrdia i Vial, cooperantes de Domènech i Montaner. Pretendía conciliar o uso das grandes estruturas de ferro espido co estilo Art Nouveau. Despois dalgunhas desconveniencias e dalgunhas modificacións ao proxecto inicial, as obres acabaron no xaneiro de 1928, baixo a dirección de Enric Viedma i Vidal.

A harmonía do conxunto[editar | editar a fonte]

Segundo Joan Francesc Mira a praza do Mercat, formada pola Llotja de la Seda, o Mercat Central e Sant Joan del Mercat, "é un dos órganos esenciais do corpo desta cidade". A praza do Mercado foi construída polo xironés Pere Comte, que edificou a lonxa gótica a finais del XV; polos xenoveses (ou milaneses) Alipandri e Bertassi, que engadiron o recubrimento barroco a Sant Joan del Mercat a finais do XVIII; e polos arquitectos barceloneses Alexandre Soler March e Francesc Guàrdia i Vial, que construíron o modernista Mercat Central a comezos do XX; e aínda así, "no se sap com, els tres edificis fan l’efecte de ser exactament com han de ser i ocupar el lloc que han d’ocupar, un davant o al costat de l’altre, com si haguera estat i haguera de ser sempre així" (non se sabe como, os tres edificios fan o efecto de ser exactamente como teñen que ser e ocupando o lar que teñen que ocupar, un diante ou á beira do outro, como se fose ou debese ser sempre así).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mira i Casterà, Joan Francesc (2007): València per a veïns i visitants. Bromera, Col·lecció Grans Obres, Alzira. Segona edició, planas 82-84.
  • Sanchis Guarner, Manuel (1989): La Ciutat de València. Ajuntament de València, València. Cinquena Edició, planas 103 e 568.