Manuel Rodríguez Castelao
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de setembro de 1905 Rianxo, España |
Morte | 23 de abril de 1937 (31 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 6 de setembro de 1905 e finado en Vigo o 23 de abril de 1937, foi un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Manuel Rodríguez Ínsua e Pilar Castelao Genme, casados o 31 de agosto de 1903, era medio irmán de José Losada Castelao. Estudou no Colexio León XIII de Vilagarcía. Mestre, aprobou as oposicións en 1933 e foi destinado á escola de Fincheira e despois na do Pazo. Afeccionado ao teatro e pintor. Foi elixido concelleiro de Rianxo nas eleccións de maio de 1931, cargo do que dimitiu en outubro de 1934. Foi un dos fundadores do Partido Galeguista de Rianxo en 1933 e foi conselleiro da zona. Foi detido con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934. En marzo de 1936 foi o delegado do gobernador civil encargado de suspender á corporación de Rianxo e nomear unha nova. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936, fuxiu e, despois de nove meses agochado, tentou escapar no bou Eva pero foron delatados e os falanxistas asaltaron o barco. Manuel e os seus oito compañeiros decidiron suicidarse antes de caer en mans dos falanxistas.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Comoxo, Xosé; Santos, Xesús (2006). Saúde e República (Rianxo 1930-1936) Política e sociedade. Concello de Rianxo.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Comoxo, Xosé; Santos, Xesús (2009): "Manuel Rodríguez Castelao ("Insua"). Apuntes da súa curta vida (I)" e "A tráxica morte dos irmáns "Insua" (e II)"
- Manuel Rodríguez Castelao na páxina web Nomes e Voces.